O Concello de Mos retoma a obra do acceso a San Eleuterio

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A interrupción dos traballos produciuse nun primeiro momento polo retraso do permiso de Confederación e, a continuación, polo estado de alarma derivado da crise sanitaria do COVID-19. Á nova da reanudación das obras de mellora do acceso súmaselle a concesión dunha subvención de 36.000 euros do Plan Concellos para o acondicionamento do aparcadoiro na Urbanización de San Eleuterio.

 

Reanudáronse estes días os traballos na obra da mellora do vial de acceso, na zona de San Eleuterio, na parroquia mosense de Tameiga. O Concello anuncia tamén a concesión dunha subvención do Plan Concellos deste ano para acondicionar o estacionamento da Urbanización. A parcela destinada a este fin conta cunha superficie aproximada de 346 metros cadrados e actuarase nela acometendo muros de cachotería de granito e cimentación a base de formigón.

O Concello recibiu o pasado 4 de marzo, días antes de que se declarase o estado de alarma pola pandemia do COVID-19, o permiso da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para retirar os postes de Fenosa que impedían o remate das obras de mellora do acceso a San Eleuterio. Neste proceso foi vital o apoio da veciñanza da zona, grazas ao que se logrou a satisfactoria resolución da problemática xerada a raíz da demora do permiso da Confederación Hidrográfica.

O permiso concedido pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil autorizou a retirar dous postes de media tensión de Fenosa e soterrar a liña eléctrica no acceso a San Eleuterio, de forma que se pode xa acometer o asfaltado do vial e rematar así a obra. A eliminación dos devanditos postes era necesaria tanto para poder levar a cabo os traballos de reposición do firme como por seguridade viaria, xa que se trataba de elementos que obstaculizaban.

A de San Eleuterio trátase dunha zona de gran actividade e movemento nos ámbitos residencial, deportivo e educativo, xa que nela se atopan ubicados a Urbanización de San Eleuterio, o Campo de Fútbol de Cototorrón do Club Louro Tameiga e a Escola Infantil A Galiña Azul de Cototorrón. O prazo de execución desta obra é dun mes e conta cun orzamento de execución por contrata de 36.000 euros.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete