Todo preparado para a reapertura o vindeiro martes dos Castelos de SoutoMaior , Sobroso e do Centro Castro Deza

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Todo preparado para a reapertura o vindeiro martes dos Castelos de SoutoMaior , Sobroso e do Centro Castro Deza

Carmela Silva: “Farano con todas as garantías e medidas de seguridade e con plans de continxencia específicos para cada recinto”

Os castelos de Soutomaior e Sobroso e o centro Castro Deza reabrirán as súas portas, ao igual que o fará o Museo de Pontevedra, o martes 2 de xuño. “Farano con todas as garantías e medidas de seguridade, con plans de continxencia específicos, creados para cada un destes recintos, e serán protocolos vivos, para adecuarse ás novas normas que se vaian aprobando”, asegurou Carmela Silva. O obxectivo, tal e como destacou a presidenta, “é converter a todos os nosos equipamentos culturais en espazos seguros”.

En liñas xerais os plans contemplan medidas hixiénicas; recomendacións para persoas visitantes; medidas de prevención; protocolos de actuación concretos para a atención ás persoas visitantes, para reservas e vendas, para servizos turísticos, cesión de espazos, control de accesos e limpeza; e pautas de actuación para as empresas subministradoras, que deberán presentar un plan de medidas hixiénico –sanitarias.

Tanto nos castelos de Soutomaior e Sobroso como no centro Castro Deza reforzarase a limpeza, ventilación e desinfección; o persoal contará con equipos de protección; haberá controis de temperatura e habilitaranse zonas de espera específicas e medidas de distanciamento social, con marcadores de distancia de seguridade no chan. Será obrigatorio o emprego de mascarilla en todos os recintos, tanto para o persoal como para as persoas visitantes e, no caso de Soutomaior, ao tratarse dun museo interactivo, serán tamén de obrigado uso as luvas. Amais, habilitaranse zonas de atención ao público e venda de entradas (aínda que se recomendará a compra online e o pago con tarxeta) e percorridos e itinerarios establecidos para garantir a seguridade das persoas que os visiten, sempre respectando as capacidades previstas segundo as fases establecidas no Plan para a Transición cara a Nova Normalidade.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete