O Concello do Porriño destinará 100.000 € á hostalaría, comercio e autónomos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Acordouse no Pleno telemático celebrado onte como empuxe para reiniciar as súas respectivas actividades, afectadas polo peche no confinamento desta pandemia

 

 

A primeira sesión plenaria telemática celebrada pola Corporación Municipal do Porriño, acordou unha modificación orzamentaria que habilitará dispoñer de 100.00 € que se destinarán a apoiar o reinicio da economía local. A proposta do equipo de goberno contou cos votos favorables dos concelleiros do PSOE, BNG, EU SON e UDDL; o PP optou pola abstención.

Esta achega de 100.000 € “son para axudas ao comercio de proximidade, aos autónomos e para a hostalaría porriñesa para que teñan un pulo que lles permita reiniciar as súas actividades”, manifestaba a alcaldesa.

A rexidora non descartou que poidan acordarse novas modificacións orzamentarias en función das necesidades, pois “Imos ter que atender moitos frontes”, engadiu.

Eva García lembrou que dende o principio do estado de alarma, o Concello está a destinar unha partida económica moi importante para emerxencia social en axudas alimentarias para as familias máis necesitadas. En datos ata o 30 de abril, 336 familias que agrupan a 847 porriñeses (536 adultos e 311 menores) recibiron axuda directa do Concello dende o 14 de marzo para a adquisición de produtos alimentarios frescos e de primeira necesidade. E que actualmente 758 persoas reciben semanalmente lotes de produtos non perecedoiros, aportados polo Banco de Alimentos “SOS Porriño”.

A sesión plenaria “on line”, a primeira que se celebra na historia do Concello do Porriño, durou preto de 4 h e abordou unha orde do día con 18 asuntos. Entre os acordos máis salientables, resumimos os seguintes:

- Adxudicouse definitivamente o servizo de limpeza viaria á firma “Urbaser”.  O control de calidade do servizo será supervisado por un técnico municipal, segundo comprometeu o goberno

- Acordouse por maioría, a aprobación inicial da nova Ordenanza de instalación de terrazas e veladores nos espazos públicos. Haberá un límite máximo de ocupación de 40 m2 e non se permitirá a instalación de mesas e cadeiras nos soportais, para garantir o uso peonil das vías públicas, segundo avanzou o tenente de alcalde Pedro Pereira. Á vista das actuais dificultades para o sector, a entrada en vigor da nova ordenanza adiarase ata outono, en función da evolución das crises sanitaria e económica. 

- Aprobouse por unanimidade a Ordenanza do uso do galego no Concello do Porriño

- Quedou sobre a mesa a proposta de novo convenio coa S.A. de Xestión do Xacobeo para a xestión do Albergue de Peregrinos do Porriño.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete