O Concello de Tui celebrará o pleno Ordinario a porta pechada

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O xoves, 28 de maio ás 20:00h, a corporación municipal celebrará o Pleno de carácter ordinario

 

O Concello de Tui, celebrará a convocatoria ao Pleno Ordinario, considerando necesaria a súa celebración do mes de maio, dado o escenario de descoñecemento da duración do estado de Alarma e dada a necesidade de tratar os asuntos que se inclúen na orde do día, un total de 24 puntos, ao abeiro do disposto na DA 3ª do RD 463/2020 e de acordo coa motivación recollida nas respectivas propostas e, en especial, considerándose necesario para a protección do interese xeral os procedementos de gasto que se inclúen ou a tramitación do expediente de actuacións preparatorias do contrato de concesión de obras de aparcadoiro soterrado, co obxecto de paliar a problemática de estacionamento e dotar de maior mobilidade e desconxestión ás zonas urbanas.

 

De conformidade co Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19, considerase que a celebración do pleno deberá realizarse de forma axustada aos requisitos necesarios para evitar calquer tipo de risco de contaxio da enfermidade, polo que, con carácter excepcional, a presente sesión plenaria deberá celebrarse a porta pechada para o público, sen prexuízo de que a súa publicidade e debida transparencia quederá garantida coa retransmisión da sesión en directo a través da radio municipal e páxina web do concello, permitindo o acceso de medios de comunicación, e a súa posterior comunicación pública a través do Portal de Transparencia.

Faise notar que se realizará unha nova distribución dos concelleiros permitindo a debida separación entre eles, que se porá a disposición dos mesmos para o seu uso mascarillas e guantes, e que os concelleiros deberán ter en conta as recomendacións sanitarias a seguir establecidas na guía de “Buenas prácticas en los centros de trabajo por el COVID-19 (actualización 11/04/2020)” e protocolo de Medidas Preventivas Coronavirus Covid-19 remitido polo servizo de vixilancia da saúde deste concello.