A Xunta prové unha plataforma de autoevaluación de protección sanitaria para comercios

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A plataforma permitirá ás empresas evaluar as condicións de salubridade e seguridade do propio estabelecemento.

 

Na páxina web da Plataforma de Comercio Seguro de Galicia, os comercios poderán realizar unha autoevaluación das condicións de seguridade sanitaria fronte ao COVID-19. Trátase dun cuestionario que non ten outro obxectivo que axudar ás empresas a garantir a seguridade de traballadores e clientes, sen incidencia nas decisións da Xunta.

Tralo envío dun formulario e a realización dun cuestionario, o solicitante recibirá un informe coa evaluación específica para o seu estabelecemento. Informaráselle das necesidades que poida ter no tocante á normativa aplicábel, a adquisición de material e productos de protección e desinfección ou a instalación de dispositivos e outras medidas de protección e seguridade.