O Concello de Mos reúnese co colectivo escolar dos CEIP e Escolas Infantís mosenses

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A alcaldesa tivo a oportunidade de conversar hoxe por videoconferencia coa dirección dos oito centros educativos sobre as novas circunstancias derivadas da crise sanitaria. Lembran dende o Concello, tamén, que o prazo de adxudicación de prazas nas escolas infantís remata o próximo venres 29 de maio.

 

A alcaldesa de Mos e as concelleiras de Educación e Política Social e Igualdade reuníronse esta mañá por videoconferencia coa dirección dos cinco colexios públicos e das tres Escolas Infantís A Galiña Azul mosenses. Na xuntanza estiveron tamén presentes o secretario municipal e a técnico municipal de Persoal, Recursos Humanos e Prevención de Riscos Laborais.

Os dous temas fundamentais tratados durante a reunión foron os labores de limpeza e mantemento nos centros educativos. Respecto do mantemento, as representantes municipais informaron de que os conserxes están realizando estes días tarefas neste senso e que respecto dos protocolos de limpeza, número de operarios necesarios para cada centro e productos que utilizar iranse concretando cando se aproxime a posible data de reapertura dos centros. Alén disto, os técnicos municipais informaron aos directores dos protocolos actualmente en vigor e puxéronse á súa disposición para asesoralos no que precisen respecto de circunstancias concretas de cada centro en cuestión.

Aproveitouse para lembrar tamén que estará aberto ata o vindeiro venres 29 de maio o prazo procedemento de adxudicación de prazas para as Escolas Infantís da Galiña Azul curso 2020/2021.

Dada a situación de emerxencia sanitaria a causa do Covid-19 as solicitudes faranse preferiblemente por vía electrónica. As tres escolas de Mos estan a disposición dos usuarios para calquera consulta e axuda nos centros, sempre con cita previa. O horario de atención das escolas de Mos é de 09.00 h a 14.00 h.

Os seus contactos son:

Escola Mos Veigadaña: 986 919 055 / 670 380 196 / Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Escola Mos Cototorrón:   986 190 998 / 677 704 626 / Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Escola Mos Porteliña: 986 337 184  /// 628 050 691  ///   Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete