O IES de Mos organiza un ciclo de conferencias virtuais sobre as fontes historiográficas orais

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Os alumnos de 4º da E.S.O. e 1º de Bacharelato participarán, compartindo os seus propios achados, xunto con importantes historiadores nunha serie de charlas sobre as fontes orais no estudo da historia, cun foco no pasado do Concello.

 

O departamento de Ciencias Sociais do IES de Mos comezou este ano un pequeno proxecto ambicioso nos seus obxectivos, pero cativo e progresivo na súa aplicación: crear un Arquivo da Memoria Oral de Mos. O alumando de 4º da ESO e 1º de Bacharelato realizou entrevistas e unha serie de traballos sobre diferentes aspectos da historia de Mos durante o presente curso.

A finalidade do proxecto é confrontar ao alumnado co oficio de historiador desde as aulas utilizando as ferramentas das que dispomos. Procuramos facer da aula do instituto un pequeno laboratorio de Historia e reivindicar a Historia como unha ciencia teórica, ao tempo que empírica.

Para finalizar o proxecto deste particular ano académico, organizamos un ciclo de conferencias virtuais para reflexionarmos sobre as fontes orais e a Historia desde a experiencia profesional das persoas especialistas e desde a propia experiencia. Serán un total de tres conferencias onde diversos especialistas falarán da súa obra histórica e, tamén, o alumnado exporá os seus traballos baseados nas fontes orais.

A primeira conferencia tivo lugar o mércores pasado e, baixo o título "Investigación histórica e fontes orais: unha reflexión", o profesor da USC Daniel Lanero explicou o uso da entrevistas nas súas investigacións.

Por outra banda, a sefunda conferencia terá lugar mañá, mércores 27 de maio, ás 18:00 h. O seu título “A Represión no franquismo en Mos: Historia e fontes orais”. Intervirán Xoán Carlos Abad (profesor de Historia e Presidente do Instituto de Estudios Vigueses) e Ana Aller (Presidenta da Comisión de Familiares da Memoria Histórica de Mos).

A terceira conferencia estará protagonizada polo alumnado do I.E.S. de Mos. Exporán os seus traballos sobre fontes orais realizados no presente curso, e será o luns 1 de xuño ás 18:00 h baixo o título de “A memoria oral no IES de Mos”.

Todas as conferencias serán en directo a través do canal de Youtube “historiasdepaulo”. Unha vez finalizadas, quedarán subidas á plataforma para o seu visionado.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete