Entregadas as primeiras 500 pantallas de cores para os nenos de Mos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Onte comezáronse a repartir as pantallais faciais infantís adquiridas polo Concello, ás que se suman 600 unidades doadas pola empresa comercializadora. Foron xa entregadas 500 das 2.000 que se repartirán.

 

Tal como informou este diario, estas pantallas de protección individual foron adquiridas polo goberno local para complementar as máscaras FFP2 tamén doadas por unha empresa do municipio, se ben o paradoiro destas aínda é descoñecido. Os pais e nais dos nenos mosenses de 3 a 14 anos poden recoller as pantallas dos seus fillos totalmente de balde aportando DNI ou Libro de Familia. Están a ser repartidas no Multiusos das Pozas por rigoroso Padrón durante hoxevenres, 22 de maio, en horario de mañá e tarde de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas. Quen non poida ir durante estes dous días poderá facelo calquera día a partir do vindeiro luns 25 de maio en horario de mañá, de 10 a 13 horas.

As pantallas infantís están fabricadas en PVC de diferentes cores (branco, azul, verde, amarelo e vermello) e serigrafiadas co escudo do Concello de Mos. A súa principal función é a protección dos ollos e, para seren efectivas na loita contra a propagación do coronavirus, deben ser empregadas xunto cunha máscara.