Mos desinfecta 52 fontes e creando un equipo especial de desinfección para vivendas con pacientes contaxiados por COVID-19

Ratio: 5 / 5

Inicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activado
 

Este equipo especial está integrado por 4 persoas dotadas de traxes e material especializado e dunha estación de descontaminación que instalarán no exterior do inmoble afectado no caso de ter que actuar ante a evolución do virus COVID-19 o Concello de Mos reforza esta semana o plan de desinfección de zonas urbanas e fontes que xa tiña en marcha.

 

Ó labor diario da empresa concesionaria do servizo municipal de limpeza e ao equipo de 9 operarios de Vías e Obras e limpeza viaria do Concello nos que recaía a tarefa da desinfección de fontes, súmanse agora a este equipo 3 conserxes máis, sumando 12 traballadores; e un novo equipo que se pon en marcha, integrado por 4 membros do Servizo Municipal de Emerxencias e de Protección Civil de Mos, que procederá á desinfección especializada de vivendas nas que se detecten casos de coronavirus confirmados.

Este equipo especializado de 4 integrantes realizará, cando sexa necesario, labores de desinfección especial a levar a cabo nas zonas comúns (como escaleiras, ascensores, etc...) de edificios nos que exista algún caso de paciente/s infectado/a/os/as, e no perímetro exterior das vivendas unifamiliares nas que existan enfermos/as.

Para elo os 4 membros deste equipo irán uniformados con traxes especiais e instalarán unha estación de descontaminación no exterior do inmoble pola cal accederán á área de actuación e desinfección. Unha vez na área de acción, proceden á limpeza e desinfección e, tras rematar a tarefa, saen a través da estación de descontaminación onde se descontaminan para a continuación regresar á base, onde volven a comprobar todo o material utilizado.

Por outra banda está o equipo de limpeza e desinfección de fontes, que a semana pasada procedeu a desinfectar un total de 52 fontes nas 10 parroquias do municipio. Trátase das fontes máis utilizadas e frecuentadas de cada parroquia.

A semana pasada este equipo estaba integrado por 9 operarios municipais e hoxe incorporáronse ao mesmo 3 conserxes máis, formando un equipo de 12 persoas que traballa por parellas.

Esta semana comezarán co repaso da limpeza e desinfección das 52 fontes realizadas a semana pasada, para evitar contaxios nesas zonas.  Ademais iniciarán tamén labores de desinfección das marquesinas de transporte público xa que o Bus Urbán de Mos e o Intermunicipal da Xunta continúan operando con algunhas liñas para cubrir servizos mínimos.

Estes 12 traballadores repartiranse por parellas para realizar os seguintes labores:  2 parellas farán a limpeza e desinfección de fontes, 2 parellas a de marquesinas, e 2 parellas a desinfección de locais abertos para atención e servizo ao público (farmacias, alimentación, panaderías, quioscos, estancos...) en colaboración e coordinación coa empresa concesionaria do servizo municipal de limpeza.

Para estas últimas zonas, nas que se atopan locais comerciais abertos e prestando servizo ao público, elaborouse unha listaxe para establecer prioridades, de xeito que nas zonas máis urxentes actúa a empresa de limpeza e no resto o equipo de traballadores municipais.

Neste senso desde o Concello de Mos infórmase de que todos estes traballos iranse repetindo coa máxima periodicidade posible, é dicir, unha vez rematadas as desinfeccións realizaranse repasos periódicos puidendo incluso incorporar novas zonas e lugares a desinfectar.

Insístese ademais desde a administración local en que todos estes labores realízanse en total coordinación e cooperación entre Concello, Servizo de Emerxencias, Protección Civil e Urbaser (empresa de limpeza) apoiándose e reforzándose mutuamente.

Por último comunicar que sobre todos estes traballos emítese un informe municipal diario a modo informativo e para que quede constancia oficial da realización dos mesmos.

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete