Setembro será o mes da clebración do Festival de Cans

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Ante o estado de alarma decretado dende o 14 de Marzo a organización do Festival de Cans decidiu o 26 de Marzo de 2020 aprazar a celebración da XVII edición

 

As datas habituais son a finais de Maio, nestes intres ante a preocupante evolución da epidemia ademáis de non darse as condicións sanitarias axeitadas, trasládase á primeira semán do mes do Setembro, do 2 ao 5. Acolle visitantes de toda Galicia, España, e varios países de Europa, así coma América. A organización precisa varias semanas de antelación para artellar os contidos, e nesta crise do coronavirus, coa incerteza que xenera, as decicisións respecto a programación, coas restriccións de mobilidade ou peche de espazos aéreos, dificulta a celebración do certamen.

O Festival de Cans comunicou esta decisión nos últimos días, tomada xunto coas institucións, patrocinadores e colaboradores. Seguen a traballar na selección de curtametraxes, e contidos, reestructurando contratacións do persoal, que a pasada edición xenerou 132 contratacións laboráis, e un impacto económico por riba do medio millón de euros.

As veciñas e veciños de Cans que prestan os seus “jalpóns e seus chimpíns” apoia a organización nesta variación de datas, para salvalo Certamen deste ano, o mais importante de todos os que se celebran en Galicia nun entorno rural, cun índice de visitas de máis de 15.000 persoas durante os días de celebración. Dende a organización agradecen esta boa disposición, e comunicarase coas persoas que mercaron a entrada pola lanzadeira de Culturgal, ofertando a devolución dos cartos ou mudar a data para setembro.

Para mais información na páxina oficial festivaldecans.gal/gl/ , no mail Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., ou con Paco García Cobas (Tlf. 653 53 16 82).