Os antigos colexios de Salceda a Pleno para novos usos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A proposta sopesa o destinos dos edificios para usos socioculturais

 

 

O Equipo de Goberno de Salceda levará ao Pleno ordinario do mes de decembro a proposta de afectación das antigas escolas de Revolta, Budiño, Picoña e San Xurxo para destinalas a usos sociocomunitarios unha vez que todas elas obtiveron o visto bo da Xunta de Galicia para desafectalas do uso educativo.

No caso da antiga escola de Vendanova, na parroquia de San Xurxo, o edificio está xa en fase de rehabilitación para ser destinado a centro de actividades para persoas afectadas por enfermidades neurodexenerativas, en coordinación con AFAGA que traballa actualmente con este colectivo no Centro Social da Devesa.

O obxectivo do Equipo de Goberno (MS e PSOE) é poder destinar estes edificios a diferentes usos sociocomunitarios que se irán definindo en contacto coa veciñanza e os colectivos de cada una das parroquias, tendo en conta as diferentes necesidades ou propostas que poidan presentarse. As dúas forzas políticas que forman o goberno de Salceda recollían nos seus respectivos programas electorais propostas semellantes para este tipo de edificacións, polo que o libro de ruta se está a levar a cabo de xeito conxunto coincidindo na maioría das propostas.

A concelleira de Urbanismo, Verónica Tourón, contaba: “temos uns edificios educativos en desuso, que constitúen unha excelente oportunidade para destinar a actividades sociais e favorecer así, a numerosos colectivos que poidan facer uso dos mesmos”.

A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, indicaba: “Salceda ten unha grande demanda de espazos sociocomunitarios polo grande dinamismo asociativo co que contamos, polo que estudiaremos todas aquelas alternativas que poidan favorecer a estes colectivos que tanto enriquecen o noso municipio”.