A Xunta de voceiros acorda a celebración de dous antes de fin de ano

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Haberá un Pleno Extraordinario o mércores 18 máis o Ordinario o 26

 

A  corporación local de Porriño celebrará dous plenos antes que remate o ano, un deles de carácter extraordinario, ademáis da sesión ordinaria mensual. O pleno extra terá lugar o mércores 18 (excepcionalmente en horario de tarde) e a sesión ordinaria pasará ó xoves 26, debido a festividade de Nadal.

A Xunta de Voceiros celebrada onte á tarde, presidida pola alcaldesa Eva García contou coa participación de Abel Estévez (PP); Pedro Ocampo (EU SON) e Pedro Pereira (BNG). Disculpou a súa ausencia, Manuel Carrera.

A rexidora propuso a celebración de ese pleno extra para desestimar as alegacións ao expedente de xeneración de crédito 4/2019 para o pago de servicios á empresa EULEN.

Pola súa banda, o primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira, prantexou que se celebren as comisións informativas municipais o mesmo mércores 18, en horario de tarde, con anterioridade ó Pleno Extraordinario. Acórdase celebrar as comisións a partires das 17.00 h, para dictaminar asuntos de urbanismo e a adxudicación definitiva do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), entre outros temas. De tal xeito que o Pleno Extraordinario celebrarase a partires das 19.00 h.

Por outra banda, o Pleno Ordinario de decembro que pasa ó xoves 26, terá lugar no seu horario habitual, ás 18.00 h da tarde.  

A alcaldesa toma a palabra para propoñer que se celebre un Pleno Extraordinario, o  mércores 18 en horario de tarde, para desestimar as alegacións ao expedente de xeración de crédito 4/2019, para o pago de servizos a empresa EULEN.

O representante do BNG, Pedro Pereira, propón a celebración das comisións informativas o mesmo día con anterioridade horaria do pleno para dictaminar asuntos da Comisión de Urbanismo, a adxudicación definitiva de Servizo de Axuda no Fogar e algún expediente pendente para a celebración do pleno ordinario do mes de decembro.

Acórdase celebrar comisións informativas o día mércores 18 de decembre a partir das 17:00 h; e pleno extraordinario a partir das 19:00 h; asómesmo acórdase celebrar pleno ordinario o día xoves 26 de decembro as 18:00 h.

Na orde do día dese pleno ordinario de decembro non se levará aínda para a súa aprobación, o Plan de Mobilidade Sostible do Concello de O Porriño cuias conclusións xa ten no seu poder o goberno municipal.

Segundo explicou Pedro Pereira a intención do goberno é “invitar ós grupos políticos a súa revisión para posibles aportacións”.

Pedro Ocampo, de EU Son solicitou a posibilidade de subir o documento a unha plataforma e Pedro Pereira indicoulle que dispón de documento impreso e tamén en formato dixital.

Pereira engadiu que o goberno quere levar o Plan de Mobilidade a pleno no mes de xaeiro de 2020 “co maior consenso posible”.

A Xunta de Voceiros Municipais do Concello de O Porriño, dando cumprimento a un acordo unánime acadado na última sesión plenaria, determinou a composición que terá a Comisión de Seguimento da Descontaminación do Lindano.

A solicitude acordada en pleno fora do grupo EU SON cuio voceiro prantexou que houbera representantes das Consellerías da Xunta de Galicia implicadas (Sanidade e Medio Ambiente) así como dos sindicatos.

Pedro Pereira propuxo a incorporación de membros das asociacións veciñais activas na zona.

Finalmente acordouse a creación da Comisión co seguinte composición: