Renovación do corpo técnico no Club Balonmán do Porriño

O corpo técnico do club Balonmán Porriño renova un ano máis

Unha vez xa coñecida a proposta da Xunta Directa e á espera da súa confirmación, os diferentes clubs da liga Guerreiras Iberdrola comezaron a anunciar as súas renovacións e fichaxes

 


Por iso, a primeira renovación que ten lugar no Club Balonmán Porriño é a do seu corpo técnico: Ismael Martínez (adestrador do Conservas Orbe Balonmán Porriño), Gerardo Carrera (2º adestrador do Conservas Orbe Balonmán Porriño) e Ana Alonso (preparadora física do club).

“Decidimos continuar porque o proxecto do club é precioso, a longo prazo e entendemos que estamos a dar pasos, a pesar de que fose un ano complicado. A confianza depositada en nós tanto por parte da directiva como por parte das xogadoras fixéronnos ver que moitas cousas fixéronse ben.” declara Ismael Martínez  ante a súa renovación.

Xa orientados cara a un futuro, o técnico cóntanos que entre os obxectivos está en seguir crecendo como club en todos os aspectos. Ademais, engade que “non queremos volver pasar os apuros desta tempada, esperamos empezar mellor o ano que vén e sufrir moito menos”.

Doutra banda, Gerardo Carrera cóntanos “decidín renovar porque estou moi ilusionado coa tempada que vén e con moitas ganas de facelo ben para quitarnos este mal sabor desta última. Esta é a miña casa, o club e Abel saben que estou para traballar e axudar en todo canto poida. Foi moi fácil dicir si.”

Por último, Ana Alonso cóntanos o porqué da súa decisión “decidín renovar porque estou moi cómoda e é onde quero estar, ademais o club e o corpo técnico portáronse moi ben comigo e nunca houbo ningún problema”.

Despois destas boas noticias, o presidente, Abel Estévez atópase moi contento “a renovación do noso corpo técnico é unha noticia fundamental para nós…Son o motor do noso club e buscamos estabilidade.” E engádenos os plans de futuro “o noso proxecto é a longo prazo, son adestradores de moi alto nivel, cualificados e cun gran espirito de club.”

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete