O piloto porriñés de motocross Yago Martínez contará co patrocinio do Concello

A Administración Local subvencionará ao xoven deportista con 3.000 € anuais 

 

 

David Alonso, concelleiro de Deportes anunciou hoxe que o Concello subvencionará cunha achega de 3.000 € anuais ao piloto porriñés Yago Martínez, campeón de España de motocross sub 18.

O piloto local, orixinario de Atios, acudiu hai dúas semanas ó Concello do Porriño, acompañado do seu pai para tratar co concelleiro David Alonso e co xefe do servizo de Deportes, Julio Bernárdez, dunha posible colaboración municipal con este xoven deportista.

Yago Martínez proclamouse campeón de España sub18 de Motocross na tempada que rematou en setembro pasado, coa undécima proba do calendario disputada en Molina de Segura (Murcia).

Yago corre con moto “Yamaha” pero non é piloto oficial polo que a súa familia costea os seus gastos co apoio de alguns patrocinadores. O concelleiro de Deportes decidiu unha achega municipal de 3.000 € anuais para que este piloto inclúa no seu mono, casco ou gorra publicidade de “Porriño, O Concello do deporte”, segundo comunicou David Alonso.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete