I Desafío BTT As Baloutas organizado pola Unión Deportiva Mos

A proba, de 40 km de lonxitude e dificultade media, celebrarase o domingo 29 de setembro e conta ademáis coa colaboración da Peña BTT Cristo de Belén e Protección Civil de Mos co patrocinio da Xunta

 

 

O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, o Xefe do Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra, Daniel Benavides Alonso, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense de Deportes e Participación Cidadá, Begoña Toucedo, o segundo tenente de alcalde, Alberto Méndez; e o presidente da Unión Deportiva Mos, Pablo Alonso Serodio, presentaron o pasado venres pola tarde no Campo de Fútbol das Baloutas, o I Desafío BTT As Baloutas que organizan conxuntamente a UD Mos, a Peña BTT Cristo de Belén e Protección Civil de Mos, contando co patrocinio absoluto da Xunta de Galicia e Deporte Galego.

A primeira edición da BTT As Baloutas celebrarase o domingo 29 de setembro con saída e chegada da zona deportiva das Baloutas. A saída efectuarase ás 09.00 horas da mañá. O prezo de inscrición anticipada é de 8 euros por participante e de 10 euros o propio día da proba. A inscrición inclúe seguro de RC e de accidentes, ademais de avituallamento gratuíto, lavado de bicis; e pinchos e bebidas ao remate.

Os participantes menores de idade deberán facelo con autorización dos pais. O casco é obrigatorio para tódolos asistentes a esta proba de dificultade media, consistente nun percorrido de 40 quilómetros.

O evento deportivo contará tamén cun minicircuíto para nenos.

Os interesados en obter máis información sobre a mesma poden facelo chamando ao número de teléfono 662 66 77 77 ou escribindo ao enderezo de correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete