Este sábado 29 comezan as visitas guiadas teatralizadas Antonio Palacios, que seguirán ata outubro

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Este sábado 29, a mediodía, comezará a primeira das dez visitas guiada teatralizadas pola obra do excepcional arquitecto porriñés, promovidas polo Concello coa ocasión de celebrar o Ano Antonio  Palacios polo 75 aniversario do seu falecemento.

Nesta primeira visita, previa inscrición por correo electrónico, haberá 8 persoas que é o aforamento completo que actualmente permiten as restricións anti-Covid decididas pola Xunta de Galicia. Os  participantes partirán as 12 horas dende unha das obras icónicas de Palacios, o Templete da boca de metro da Rede de San Luis e percorreran durante 50 minutos outras obras realizadas polo  arquitecto. Casa do Concello, a Fonte do Cristo ou a Botica Nova. Un actor e unha actriz encargaranse de representar a Antonio Palacios e a Corona Gónzalez, mecenas do arquitecto, contando ademais  co acompañamento musical dun gaiteiro e un tamborileiro da Asociación Cultural Lumeirada.

“Xa temos lista de espera e agardamos que a Xunta alivie as restricións e permita maior aforamento para as vindeiras visitas”, manifestou Cami Moreira, concelleira de Cultura. O seu departamento xa  ten datadas nove visitas máis que irán dende o 5 de xuño ata o 30 de outubro, segundo aparecen no cartel adxunto.

As inscricións deben realizase a través de correo electrónico no enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

O Ano Antonio Palacios que celebra o Concello do Porriño comezou o 27 de outubro de 2020 coa colocación dunha coroa de dalias brancas e loureiro no cemiterio municipal ante a tumba do arquitecto.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete