ADIF agarda financiar a supresión do paso a nivel do Porriño con fondos "Next Generation" da UE, segundo informoulle á alcadesa Eva García

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O ADIF (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias) agarda que no prazo máximo de dez días rematen as catas xeotécnicas que están a realizar as empresas “GOC” e  "Prointec” para determinar as características do chan.

Coas conclusións dos traballos de sondaxes, acometerán a redacción do proxecto de construción coa alternativa que os  técnicos elixan para soterrar a vía férrea e poñer en valor os terreos que se liberaran coa supresión do paso a nivel. Segundo o contrato que ADIF subscribiu con esas empresas,  dispoñen dun prazo de 16 meses para entregar o proxecto, prazo que comezou a contar en novembro do ano pasado.

Esta información foi trasladada por Maria Luisa Domínguez, directora xeral de Planificación Estratéxica e Proxectos do ADIF á alcaldesa Eva García na reunión celebrada esta mañá na sede dese  organismo en Madrid. Na reunión tamén participaron Miguel Angel Leor, Juan Carlos Monge e Luis Vicente Moreno, tamén directivos do ADIF. A terceira cuestión que se abordou na reunión entre a  alcaldesa do Porriño e os directivos de ADIF, é a consecución de fondos “Next Generation” da Unión Europea para o financiamento das obras. Eva García amosouse esperanzada polas expectativas que  lle trasladaron os directivos do ADIF.

“Saímos moi satisfeitos porque vemos que o proxecto avanza e que ademáis xa está enriba da mesa o financiamento para a súa execución”, manifestou Eva Garcia. A alcaldesa asegurou que “o  Concello do Porriño vai seguir pelexando para que se faga realidade”.