A colaboración entre o Goberno de España, Zona Franca e Concello Planifica o “VIGO2050”

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O secretario xeral do PSdeG-PSOE na provincia advirte de que, amais de traballar a prol da creación duns 2.000 postos de traballo de alta calidade, “trátase de transformar a economía galega ”

 

 

¿Que se está a facer para planificar o Vigo de 2050? A esta pregunta tratou de responder o secretario xeral dos socialistas da provincia de Pontevedra, David Regades, e delegado de Zona Franca Vigo nun acto organizado diante de militantes socialistas da provincia e celebrado na sede da rúa Urzaiz. A xuntanza, en formato telemático e con aforo presencial limitado, forma parte dun ciclo sobre transparencia.

 

Regades explicou, en liña coa recente presentación do Plan España2050, que o Vigo de mediados do século XXI debe ser unha cidade que sexa referencia en calidade de vida e cohesión social, altamente tecnolóxica, medioambientalmente exemplar e á vangarda da I+D+i na mobilidade. Os catro proxectos que a Zona Franca e o Concello de Vigo presentan aos fondos Next Generation da Unión Europea son pasos moi claros nesa dirección, indicou.

 

As fábricas de baterías, de microchips (circuítos fotónicos), a planta de hidróxeno verde e o proxecto do vehículo conectado non só suporían a creación de máis de dous milleiros de postos de traballo directos de altísima calidade e a creación dun número moi elevado de indirectos: “no fondo é unha aposta que vai máis alá de Vigo, e mesmo da provincia, pois trátase de transformar a economía galega, dotándoa de máis resiliencia e de fortalecernos para as crises que virán, porque os países máis tecnolóxicos son os que menos sofren cando veñen mal dadas”, explicou. “Estamos a vivir unha pandemia na que a economía galega, como a española, amosou as súas debilidades; toda ser ambiciosos e ambiciosas, dar un paso adiante e asumir que non estamos aquí para responder cunha xestión rutineira, burocrática, ou para resignarnos a unha economía asentada sobre os sectores da construción e o turismo”.

 

David Regades insistiu en que a estreita colaboración entre o Goberno de España, a Zona Franca e o Concello de Vigo está permitindo albiscar o Vigo2050 “unha cidade que non se conforma, que sabe planificar con luces largas nun escenario político pavoroso, no que o ruído enxordecedor, a confrontación e a propaganda baleira éncheno todo”. Regades insistiu en que “as institucións teñen a responsabilidade social de deseñar e defender proxectos tractores realmente transformadores e os catro impulsados dende Vigo están entre os mellores que España envía á Unión Europea”.

 

O secretario xeral destacou que estamos nun momento crucial no que a cooperación institucional para a recuperación, liderada dende a Unión Europea, debe xerar actividade socioeconómica aliñada coa Axenda 2030. “O que agora se ve, por parte de algúns, como obxectivos a medio prazo, xa non son retos do futuro, senón retos do presente; a economía e o medio ambiente xa non son cousas separadas”.

 

Na súa intervención explicou tamén os esforzos por dotar á Área de Vigo con outro millón de metros cadrados de solo industrial a partir das ampliacións do parque Tecnolóxico e Loxístico, Balaídos, A Garrida, A Pasaxe (Gondomar), Porto do Molle (Nigrán) e a Plisan, onde as xestións realizadas xa permitiron o desembarco de Albo e Beta Implants.

 

Finalmente, fixo un repaso ao papel de apoio da Zona Franca ás empresas e especialmente ás startups con iniciativas como Vía Galicia, pero tamén incentivando á saída aos mercados foráneos con Via Exterior e outras aceleradoras específicas entre as que destacan Vino Exterior e Cultura Exterior, ademais de Hight Tech Auto.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete