O Goberno da Deputación denuncia a dobre moral do PP que subiu 40 impostos con Rajoy e tiña todo previsto para comezar a cobrar pexes nas autovías neste 2021..

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Goberno da Deputación denuncia a dobre moral do PP que subiu 40 impostos con Rajoy e tiña todo previsto para comezar a cobrar pexes nas autovías neste  2021..

PSdeG-PSOE e BNG rexeitan os cobros nas autovías polo prexuízo para Galicia, pero reivindican unha fiscalidade progresiva e xusta “na que paguen máis os que máis teñen”. Acusan aos “populares” de actuar con hipocrisía e como “correveidiles” de Génova 

Carlos Font: “Se Mariano Rajoy continuase como presidente do Goberno hoxe xa estariamos pagando 246 euros anuais e os transportistas máis de 7.000 euros anuais” 

César Mosquera: “Son  vostedes uns ghiadiños que traen a moción-circular que lles mandaron para que lle digamos ao Goberno do Estado que é moi malo” 

O Pleno da Deputación rexeitou a moción do Partido Popular para instar ao Goberno de España a anular a modificacións de impostos, incluídas as previsións de fiscalidade progresiva recollidas no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia enviado á Unión Europea, e, por outra banda, contraria á posible implantación de peaxes no ano 2023 nas autovías estatais. Os grupos do PSdeG-PSOE e BNG afeáronlle ao PP a súa “demagoxia, hipocrisía e dobre moral” e reivindicaron que os que máis teñan paguen máis. Ao respecto dos posibles pagos nas autovías coincidiron no seu rexeitamento ao entender que esta medida prexudicaría especialmente á provincia de Pontevedra e a Galicia. 

O voceiro do PSdeG-PSOE, Carlos Font, destacou que cómpre ter “paciencia infinita” para soportar a “demagoxia en grado extremo do PP” e lembrou que o Goberno de Rajoy deseñou no ano 2018 un agresivo plan de peaxes para as autovías que tiña que ter entrado en vigor neste ano 2021. “Se Rajoy seguise gobernando estariamos pagando 246 euros anuais e os transportistas máis de 7.000 euros anuais”. Subliñou que o grupo socialista está “categórica e radicalmente” en contra das peaxes nas autovías e tamén de calquera suba de peaxes. 

Ao respecto dos impostos lembrou que “financian os servizos públicos e tamén o escudo social que permitiu que nesta crise se poida atender ás persoas desempregadas e aos sectores afectados, cando na anterior crise fíxose xustamente o contrario”. “O que lle molesta ao PP é que se suban os impostos a quen máis ten”. Despois de lembrar as amnistías fiscais de Rajoy “para beneficiar aos defraudadores” destacou que tamén o presidente de Estados Unidos, Joe Biden, apela a unha fiscalidade progresiva para que o esforzo da sociedade no financiamento da recuperación económica sexa xusto.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete