Mos modificará os orzamentos para cubrir o soldo do novo concelleiro de urbanismo

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Segundo denuncia o PSdeG de Mos, o goberno municipal retirará 30.000 euros da partida do plan HURBE "destinada á humanización da contorna da Igrexa de Torroso", para cubrir a dedicación exclusiva do novo concelleiro de urbanismo, José Areal.  O empresario local sustituíra a Begoña Toucedo na concellería de deportes pouco tempo despois da polémica viaxe desta a Serra Nevada durante as festas de Nadal.

 

O PSdeG de Mos envía un comunicado onde critica a decisión da alcaldesa Nidia Arévalo de modificar os orzamentos deste ano para poder asignar ao novo concelleiro de urbanismo unha retribución por dedicación exclusiva de 31.800 euros anuais. Areal sustituíu o pasado mes de marzo a Begoña Toucedo na consellería de deportes, e pouco despois asumíu as competencias de urbanismo.

Esta dedicación exclusiva, creada no mes de abril, será a quinta do goberno municipal. Segundo indican os socialistas, "`para a súa creación foi necesario facer unha modificación das partidas do orzamento, retirando 30.000€ do Plan HURBE destinado a humanización da contorna da Igrexa de Torroso, para aumentar a partida de soldos de goberno". Tal cuantía do HURBE pasa a ter que ingresarse no vindeiro ano, polo que "o orzamento do ano 2022 será perxudicado por esta cota que haberá que abonar e polo novo soldo de 31.800€ do Sr. Areal".

Desta maneira, o goberno municipal de Mos pasa a ter 4 concelleiros e a alcaldesa con dedicación exclusiva, o que lle suporá para as arcas municipais un gasto de máis de 176.000€. A cuantía aumenta ata pasar dos 200.000€, sumando o soldo da persoa de confianza da alcaldesa que é a responsable de prensa municipal. Estes máis de 200.000€ repartiríanse entre os soldos de seis persoas do actual goberno, xa que o resto de concelleiros de goberno cobran dietas por asistencia a xuntas de goberno, comisións e plenos que oscilan entre 700€ e 800€ mensuais.

Dende a bancada socialista, Victoria Alonso, considera que esta situación supón facer un "despilfarro en tempada de crise sanitaria e económica". Non entende como unha reorganización do Partido Popular pode custar a toda a veciñanza máis de 30.000€ anuais". Considera esta decisión "unha tomadura de pelo" a toda a veciñanza e critica o montante dos salarios.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete