A Deputación conmemora en Soutomaior o centenario do falecemento de Emilia Pardo Bazán coa presentación da Camelia que leva o seu nome

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Deputación conmemora en Soutomaior o centenario do falecemento de Emilia Pardo Bazán coa presentación da Camelia que leva o seu nome. 

O Castelo foi escenario da posta en valor desta nova camelia en homenaxe á escritora nun acto que contou tamén coa charla da historiadora Silvia Cernadas e a danza de Ana Beatriz Pérez coa peza “Amparo ao seu lado” 

Neste 12 de maio , no que se conmemora o centenario do seu falecemento, a figura de Emilia Pardo Bazán vén de quedar aínda máis ligada se cabe á provincia de Pontevedra a través da camelia que desde hoxe leva o seu nome no Castelo de Soutomaior. Nun emotivo acto, ao que asistiron a presidenta da Deputación, Carmela Silva, o alcalde, Agustín Reguera, e colectivos e asociacións de mulleres e da cultura da comarca, a institución provincial quixo render homenaxe a autora nesta efeméride no que, amais, tamén se afondou na excepcional personalidade de Pardo Bazán a través da charla da historiadora Silvia Cernadas, e da actuación de danza contemporánea a cargo da bailarina Ana Beatriz Pérez, cunha peza baseada na protagonista da obra “La Tribuna”.

 A nova camelia Emilia Pardo Bazán, que será rexistrada co nome da escritora na Sociedade Internacional da Camelia, se incorpora ao Xardín “Con Nome de Muller” do Castelo de Soutomaior onde xa figuran as plantas cos nomes de María Vinyals, Rosalía de Castro, Bella Otero, Jane Andresen, Sofía Novoa e Juana de Vega. Esta nova camelia foi orixinada a partir dunha semente de Camelia xapónica na Finca Chazo de Boiro, e convértese na primeira que se planta nun espazo público. Ten unha flor de tamaño medio-grande (entre 8 e 11 centímetros de diámetro, e 4 a 4,5 centímetros de profundidade) e unha cor vermella intensa, con ao redor de 50 pétalos. E agora forma parte xa do Xardín de Camelias con nome de Muller que a Deputación de Pontevedra creou no exterior do Castelo no pasado 2020.

Trala presentación da camelia, a homenaxe da Deputación á escritora trasladouse ao Salón do Tapiz do Castelo, onde a historiadora Silvia Cernadas afondou nunha charla na vinculación de Pardo Bazán coa provincia e máis polo miúdo co Castelo de, que visitou en varias ocasións debido á súa relación María Vinyals. Cernadas incidiu en que ambas figuras “comparten as súas inquietudes intelectuais tanto en relación á literatura como ao feminismo” e tamén no feito de que esta relación foi estreita aínda que a documentación sobre esta amizade na prensa e nas crónicas sociais é escasa, ao citar só a visita que fixo a autora coa súa filla Carmen en 1913 ao Castelo, onde entón estaba instalado o Sanatorio Lluria. “Nesa noticia amais dise que o matrimonio de María Vinyals e Enrique Lluria a recibiron cunha cunca de té, algo que amais a relaciona precisamente coa camelia que xusto acabamos de presentar –sinalou-. Ela era unha gran bebedora de té”. “Pero aínda que non apareza na prensa da época –insistiu a historiadora- ela tiña esta relación con María Vinyals e as visitas eran continuas, tanto en Madrid polas actividades que ambas compartían como en Galicia no Castelo”. Para Silvia Cernadas, “como a obra de Emilia Pardo Bazán é tan inmensa cando traballas na historia de Galicia e na historia das mulleres en Galicia, ao final acabas encontrándote con ela alá onde vaias, sexa dunha maneira ou doutra”. 

O acto finalizou coa actuación de danza contemporánea a cargo da bailarina Ana Beatriz Pérez, da Compañía Entremans, que puxo en escena a peza “Amparo ao outro lado”, inspirada na protagonista da novela de Pardo Bazán “La Tribuna”. Amparo, como destaca a compañía,  é “un arquetipo da liberdade, muller de berro en peito que como moitas outras non tiveron medo a alzar a voz e a conservar a súa estirpe en defensa dos seus ideais e dereitos. En cada célula da muller contemporánea vive Amparo”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete