O Concello do Porriño galardoado pola campaña "Recicla e únete ao reto" de "Ecoembes"

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O premio de 2.000 € será doado á asociación de apoio a persoas con diversidade intelectual "Aceesca"

 

O Porriño é un dos concellos galardoados pola Xunta e "Ecoembes" pola súa achega á campaña de recollida de plásticos, latas e briks, "Recicla e únete ao reto!". A campaña, desenvolvida simultáneamente en quince concellos galegos, consistíu en que todos eles asumiron o reto de superar, cando menos, nun 10% as achegas ao contedor amarelo durante os meses de febreiro, marzo e abril deste ano.

Coa ocasión deste reto, na praza do Concello colocouse en marzo un contedor amarelo xigante como reclamo da campaña de ensino á cidadanía de como separar correctamente os residuos. Trátase de incrementar a conciencia de reciclaxe e afianzar o hábito continuado entre a poboación.

O Porriño recibirá un premio económico dotado con 2.000 € para doar a una causa social. Por acordo do goberno municipal eses cartos dóanse á asociación de apoio a persoas con diversidade intelectual "Aceesca".

O concelleiro de Medio Ambiente e Limpeza, Sergio Casal, será o encargado de recoller o premio, en representación do Concello do Porriño, no acto de entrega que terá lugar este venres 14, ás 12.00 h na Praza dos Barcos de Sanxenxo, presidido por Angeles Vázquez, titular da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete