O Concello de Mos anuncia a conexión á fibra de seis barrios no prazo de un mes

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Concello móstrase satisfeito do acordo alcanzado coa teleoperadora, segundo o cal se realizará a "inmediata implantación en preto de 500 vivendas", e esperanzado de poder desbloquear 900 máis na vindeira xuntanza.

 

A semana pasada, o Concello de Mos mantivo unha reunión con representantes da empresa teleoperadora R para desbloquear e avanzar na implantación da banda larga no municipio, para o que R recibiu unha subvención estatal. Costas fixo un balance moi positivo da xuntanza e informa de que xa están listos para despregar fibra en varios lugares do municipio: Atín, Casal, Casalmorto, Roublín, unha parte de Campo de Eiró e Rebullón, que suman un total de entre 400 e 500 vivendas que poderán beneficiarse da conexión de internet de banda larga.

A implantación tardará poucas semanas polo que, se todo transcurre segundo o previsto, a veciñanza destes 6 barrios disporá de fibra ótica de cara a finais do vindeiro mes de xuño ou principios de xullo. O edil de Novas Tecnoloxías, Leo Costas, avanzou que na próxima reunión con R prevese desbloquear a posibilidade de dar servizo de internet de banda longa a outras 900 vivendas máis, cubrindo gran parte da parroquia de Sanguiñeda, e o resto de Pereiras, Petelos, Tameiga e Mos.

Con prazo ata 2020, a empresa R Cable como beneficiaria dunha subvención despregou redes ultrarrápidas en núcleos de toda Galicia (entre eles debería ter estado Mos), que posibilitan servizos de acceso a Internet de de mais de 100 Mbps simétricos mediante fibra óptica. A última das convocatorias do Estado, publicada en Abril de 2018, contou cunha dotación de 18,5 millóns de euros para Galicia, coa que os operadores puideron continuar incrementando a velocidade de acceso a internet en zonas nas que non había servizo de redes ultrarrápidas, tal era e é, o caso de Mos.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete