O Concello de Tui en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios oferta cursos gratuítos en liña sobre novas tecnoloxías

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Concello de Tui en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios oferta cursos gratuítos en liña sobre novas tecnoloxías

Terán lugar o próximo mes de xuño ao abeiro dos proxecto proxectos Extraordinarias e IniciaTic 

O Concello de Tui en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios organiza cursos gratuítos de formación en liña sobre novas tecnoloxías ao abeiro de dous proxectos Extraordinarias e IniciaTic.

Dentro de Extraordinarias organizan tres obradoiros gratuítos dirixidos a mulleres, cunha duración de hora e media cada un. Celebraranse os días 1 ou 3 de xuño, en función da preferencia das persoas interesadas.

O primeiro dos obradoiros de nivel básico vai dirixido a mulleres que non empregan as redes sociais nin ferramentas dixitais no seu día a día.  O nivel intermedio vai destinado a mulleres que empregan algunhas redes e ferramentas, pero non se manexan demasiado ben nas mesmas. E por último o nivel avanzado vai dirixido a aquelas mulleres que xa empregan as redes sociais e ferramentas dixitais nos seus negocios e se poderán beneficiar de contidos máis avanzados.  Cada muller poderá escoller un máximo de dous niveis ou o básico e intermedio, ou o intermedio e avanzado. Os horarios serán de 15 a 16.30 h ou de 19 a 20.30 h.

A inscrición está aberta até o luns 24 de maio en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. indicando o nome completo e apelidos, teléfono de contacto e data e horario preferente.

Por outra parte no proxecto IniciaTic desenvolvido entre a Fundación Cibervoluntarios e o Ministerio de Traballo e Economía Social, ofertan seis módulos formativos en liña tamén gratuítos a impartir no mes de xuño.

O xoves 10 de xuño será “Comercio electrónico”, o martes 15 “Administración electrónica”, o xoves 17 “Ferramentas de comunicación e xestión”, o martes 22 “Marketing Dixital”, o xoves 24 “Ciberseguridade” e o martes 29 “Big Data”.  Impartiranse de 15 a 16.30 h ou de 19 a 20.30 h en función da preferencia das persoas inscritas. Ao remate non expedirán certificado de asistencia.

A inscrición debe realizarse até o 28 de maio enviando un correo a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.  co nome, apelidos e teléfono de contado, e indicando o horario preferente. Pódese ampliar esta información no teléfono 986 60 39 49.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete