A humanización da rúa salcedense Fernández Sestelo costará uns 150.000 €

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Co obxectivo de gañar espazo para o tráfico peonil o proxecto conta cunha actuación nun total de 996,50 m2,  agardando a aceptación da Deputación de Pontevedra para a súa inclusión no Plan Concellos 2021

 

 

O Concello de Salceda de Caselas levará a cabo o proxecto de reurbanización da Rúa Joaquín Fernández Sestelo, no seu tramo entre o entronque coa rúa Compostela e a Praza da Devesa, completando deste xeito o proceso de humanización de toda a rúa, xa que nos últimos anos xa se ten actuado nos tramos entre a Praza do Concello e a Rúa Compostela, así como na zona da Praza da Devesa.

O proxecto conta cun orzamento de 150.652,93 € que foi xa presentado na solicitude do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra, e que se iniciará unha vez o ente provincial comunique a súa aceptación.

Trátase dunha actuación que afectará a un total de 996,50 m2, co principal obxectivo de gañar espazo para o tráfico peonil garantindo deste xeito a accesibilidade universal nos espazos públicos, e facendo máis atractivo un espazo comercial coma este. A obra ademais incluirá a renovación do sistema de recollida de pluviais, así como da rede de saneamento e abastecemento, e suporá unha solución definitiva aos problemas de organización de tráfico existentes, nunha zona na que a diario se forman atascos por mor de aparcamentos irregulares en dobre fila. O proxecto incluirá unha zona verde de aparcamento que permita estas pequenas paradas de non máis de 10 minutos.

O equipo de goberno pretende completar deste xeito a humanización da principal rúa de entrada ao municipio, seguindo deste xeito o camiño de recuperación de espazos para o tráfico peonil iniciado no ano 2007, e que xa leva acometido numerosas actuación nas rúas do casco urbano: Praza do Concello, Victoriano Pérez Vidal, Avenida de Galicia, Rafael Tilve, Rúa Coruña, Rúa Compostela, Praza da Devesa, Rúa da Gándara, e a mencionada Joaquín Fernández Sestelo. Ademais trabállase xa nos próximos proxectos, que afectarán ás rúas Rollo e Vigo.

O concelleiro de Mobilidade, Miguel González, explicou que “Salceda avanza na senda de traballo recollida no Plan de Mobilidade Sustentable. Estamos ante un proxecto fundamental por ser o de entrada a Salceda, completando deste xeito as actuacións de mellora da mobilidade no acceso á vila”.

A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira indicou “Seguimos o libro de ruta iniciado no ano 2007 de recuperación de espazos para as persoas e de transformación da vila. A nosa prioridade son os colectivos máis vulnerables, como o da infancia, a terceira idade ou as persoas con mobilidade reducida, e somos conscientes de que actuacións como a que agora imos executar e que se suman ás xa realizadas, contribúen a mellorar a calidade de vida e a autonomía persoal de todos estes colectivos”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete