O PSdeG de Mos critica ao goberno local por mentir sobre a retirada do tráfico pesado das zonas urbanas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Recentemente o Concello de Mos culpaban nunhas declaracións a Fomento e a Deputación de Pontevedra, de non facilitar os permisos para lograr a retirada do tráfico pesado das zonas urbanas, en concreto, Puxeiros e Sanguiñeda. Isto motivou una moción presentada polo grupo socialista na que solicitaban un plan alternativo para o tráfico pesado e así poder levar a cabo ese proceso de liberar os nucleos urbanos.

 

Dende o grupo municipal socialista din que a súa primeira moción desta lexislatura foi solicitar a supresión do tráfico pesado da zona de Puxeiros, moción que o goberno local se negou a levar a pleno alegando que estaban elaborando un proxecto. Tras falar cos técnicos e solicitar dito informe, tan so foilles entregado un informe da policía local debido a que non había outro tipo de información.

O Concello de Mos solicitou en agosto do 2020, "un ano despois do que din nas súas declaracións", o permiso para a colocación de sinais verticais para a retirada do tráfico pesado. Dende a Deputación se lle solicitou máis información porque non presentaban un proxecto con alternativas para a circulación de dito tráfic. Aos 15 días presentaron unha información por sede electrónica, e 15 minutos despois solicitaban que non se tivese en conta por conter erros, informan desde o PSdeG.

Dende novembro o Concello de Mos non volveu presentar ningún tipo de información para continuar co proxecto, provocando a paralización do expediente. De igual forma aconteceu con Fomento, que para prohibir a entrada dende a saída 9 da A-55 precisan un plan alternativo que non lles foi remitido. E en base a esta falta de documentación para continuar co proceso, a bancada socialista plantexou este debate no pleno que tivo un voto negativo por parte do Partido Popular pese a ter as competencias en materia de tráfico. O goberno di negarse a facer dito plan, esperando que sexa algunha das outras administracións a que se faga cargo dun traballo puramente municipal.

Por este motivo a voceira socialista, Victoria Alonso, solicita unhas desculpas por parte do goberno local ante toda a veciñanza polo "engano". Exixen tamén a elaboración do proxecto pese ao seu voto negativo en pleno, e que sexa de obrigado cumprimento a maior brevidade. Alonso recalca que esta é outra mostra máis do "descaro co que goberna o Partido Popular, que non mostra ningún tipo de contemplación a hora de usar mentiras para xustificar a súa ineficacia e falta de seriedade coa veciñanza". Finaliza dicindo que "as mentiras teñen as patas moi curtas, que non deberían usar estas tácticas para atacar a administracións que non están gobernadas polo PP xa que estanse desacreditando eles mesmos".