Hoxe comeza o xogo "A miña avoa"

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Trátase dunha actividade de ocio con premios de 50 € para estimular o consumo no comercio e na hostalería do Porriño

 

 

Dende hoxe, sábado 10 de abril, o xogo "A Miña Avoa" ponse en marcha, unha iniciativa do Concellodo Porriño en colaboración coas asociacións de Comerciantes "ACIPOR" e de Hostaleiros "AHOSPOR", para estimular o consumo dos porriñeses no comercio de proximidade e na hostalería local.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil -OMIX- organiza este certame que promove o Concello, a través da Concellería de Festexos e co apoio da Concellería de Comercio, coa produción a cargo da firma “Especialistas Hípica Celta”.

En total son 145 establecementos do Porriño os que participan desta iniciativa que durará como máximo ata o 8 de xuño.

O xogo, aberto a toda a cidadanía da vila, consiste na procura dun "tesouro", con premios de 50 € para consumir no comercio e hostalería locais, dando protagonismo á economía local, non só coa súa implicación, senón tamén porque os premios reverten no consumo das propias empresas da vila.

Deixamos ligazón coas bases para maior información.