O Plan específico de acción comunitaria da Xunta deixa en Mos máis de 100.000 euros

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Segundo o Concello, as asociacións veciñais de Mos recibiron este 2020 un total de 110.000 euros concedidos pola Xunta a través do Plan específico de acción comunitaria. As entidades destínano a traballos de mantemento, obras e equipamentos para os seus locais. Unha delas, a AVV de Cela, recibiu esta semana a visita da alcaldesa.

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou esta semana as dependencias da Asociación de Veciños de Cela onde destacou o esforzo destes colectivos e agrupacións por manter vivas as diferentes tradicións culturais e actividades, agradecendo o seu labor tanto a directivas como a participantes. Por iso afirmou que “a pesar das dificultades económicas que veñan dependidas da pandemia ou de outros motivos, o concello sempre tratará de apoialas buscando fondos se é necesario noutras administracións. Declarou que “é un orgullo contar con tastas asociacións culturais, sociais e veciñais que enriquecen a Mos co seu traballo e coa súa cultura”

Esta obra en concreto para o aislamento térmico e acústico de salón de actos e mellora de  equipamento coa adquisición de mobiliario, suma un total de 17.000 € de inversión neste local. As diferentes subvencións están a ser invertidas en varias asociacións destinadas a obras, tales como acondicionamento de instalacións, reforma de fiestras,  obras de acondicionamento  da accesibilidade, melloras eléctricas, compra de mobiliario, etc...