O Concello de Mos realiza no IES de Petelos un acto de entrega de pantallas de protección doadas por unha empresa local

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A doazón, segundo o Concello, chega ás 2.000 unidades que se repartirán entre o profesorado e o alumnado dos centros da localidade. Esta semana a prensa foi convocada a un acto no IES do Mos onde o representante da empresa doadora participou na entrega do material de protección.

 

Esta semana produciuse a última incorporación ás aulas do alumnado, segundo o protocolo previsto e, é por iso polo que, tras entregalas o día 11 aos máis pequenos, o Concello organizou un acto no IES de Petelos para entregar as últimas 745 pantallas protectoras a mestres e alumnos, xunto a representantes da empresa doadora, DEMSU. Esta é unha empresa situada no municipio e dedicada ao deseño e fabricación de  moldes de inxección, principalmente para o sector da automoción, realiza a doazón grazas a un acordo co Concello e ao impulso do proxecto  CONNECT de Tecnópole e Xunta de Galicia.

O representante de DEMSU explicou que a pandemia da COVID-19 supuxo “a reorientación dunha liña de produción da súa empresa para dedicala a fabricar equipos de protección persoal” (EPI). O resultado foron estas máscaras que pola súa dimensión, peso e capacidade de fixación á cabeza das persoas usuarias resultan as máis completas do mercado, xa que non pesan, non apertan e non se embazan.

A alcadesa de Mos Lembrou aos xovenes estudantes a importancia de coidar as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias, insistindo en que na adolescencia tamén hai COVID-19 e que deben protexerse.

As máscaras fabricadas por DEMSU naceron no seu propio laboratorio de I+D e cumpren todas as condicións sanitarias e de calidade, garantidas pola normativa europea UNE 166:2002. Fabrícanse en varias cores para facilitar os grupos burbulla ou de traballo, e dispoñen de versións para público adulto e infantil. As pantallas protectoras destacan ademais polo seu alto nivel de confort, xa que “o peso resulta mínimo e o agarre á cabeza é dobre. Ademais, é lavable con auga e xabón”, destacou Javier Berbel.