Interceptan a unha condutora con elevado estado de embriaguez e cun menor no vehículo

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Policía Local do Porriño interceptou a unha condutora que case multiplicaba por catro a taxa de alcoholemia establecida legalmente co engadido de que circulaba cun menor de 12 anos como ocupante

 

 

Axentes da Policía Local recibían ás 17:22 h do pasado venres, día 5 de outubro, a chamada dun condutor que circulaba pola N-550, en dirección a O Porriño, informando de que o coche que ía diante do seu estaba a facendo ‘zig-zag’ e,as veces, entrando no carril contrario.

Coa finalidade de localizar inmediatamente este coche, que estaba a poñer en perigo a seguridade do resto dos vehículos, os axentes da Policía Local mantiveron a chamada de teléfono en liña para que a persoa que alertara desta situación puidese informar de onde se atopaba en cada momento. Isto facilitou que o coche fose interceptado no quilómetro 154,800 da N-550.

Unha vez que o mesmo estivo parado, os policías comprobaron que no seu interior viaxaba un rapaz de 12 anos, fillo da condutora, unha muller de 52 anos a cal, sinalan os axentes, “amosaba claros síntomas de atoparse baixo a influencia de bebidas alcólicas, tendo que ser agarrada algunhas veces para que non caese”.

Sometida ás probas de alcoholemia, as mesmas deron un resultado que multiplicaba case que por catro a taxa legalmente establecida, polo cal os policías procederon á instrución de dilixencias pola suposta comisión dun delito contra a Seguridade Vial, pasando as mesmas a disposición do Xulgado de Garda.

Á vista do estado de embriaguez da condutora, os axentes realizaron xestións para levar ao rapaz cun familiar e, ao mesmo tempo, procederon a inmobilizar o coche no lugar dos feitos.
Dende a Policía Local sublíñase o feito de que esta intervención fose realizada grazas á colaboración cidadá que, asegura, “é fundamental en situación coma esta para evitar que condutas semellantes poidan causar un accidente con graves consecuencias”.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete