Deteñen no Porriño a un fuxitivo buscado pola Xustiza dende fai ano e medio

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Policía Local do Porriño arrestou a un home condeado por delito de lesións e que levaba ano e medio fuxido da Xustiza e tentando evitar o seu ingreso en prisión

Xa no Xulgado, a Policía Xudicial da Garda Civil do Porriño interviu na sua identificación ao atoparse o detido sen documentación que o certificase

 

 

Axentes da Policía Local do Porriño detiveron o pasado domingo día 15, a un individuo residente no municipio de 38 anos de idade, que se atopaba fuxido da xustiza tentando evitar o seu ingreso en prisión e, deste xeito, forzar a prescrición da súa condea.

A orde de busca e captura para o seu traslado á prisión fora ditada polo Xulgado do Penal número 1 de Pontevedra, logo de que este home fora xulgado e atopado culpable dun Delito de Lesións.

Logo da súa detención, foi conducido este luns, polos axentes ao Xulgado de Instrución nº 2 do Porriño en funcións de garda, onde interviron axentes da Policía Xudicial da Garda Civil para tomarlle as pegadas datilares, ao atoparse o detido sen identificación documental. Posteriormente, tras ser recoñecido positivamente, emitiuse a orde para o seu traslado á cárcere de A Lama.

Non é o primeiro arresto deste tipo que fai a Policía Local do Porriño neste ano, o pasado mes de febreiro fora detido un home que levaba un ano fuxido dende que o Xulgado do Penal nº 3 de Vigo, ordease a súa entrada en prisión.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete