O Colexio de Atín xa conta cun “Banco da Amizade”

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A iniciativa naceu coma primeira solicitude da nova directiva da ANPA do centro

 

A bancada parladoiro “Nidia con Mos” coa que a alcaldesa mosense percorreu as parroquias do municipio como candidata durante a campaña dos pasados comicios locais celebrados no mes de maio, é xa propiedade do alumnado de 3º curso de Educación Primaria do CEIP Atín-Cela.

A rexedora local, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, facíanlle entrega do agasallo en forma de banco aos cativos esta mañá no propio centro escolar, xunto con membros da nova directiva da ANPA do colexio; de quen partiu a iniciativa de pedirlle un banco ao Concello para crear o “Banco da Amizade”.

Ante a solicitude –que foi a primeira petición que a nova directiva da Asociación de Nais e Pais de Alumnos lle fixo á administración local mosense- Arévalo pensou en inmediato en regalarlles persoalmente o seu banco ao tratarse a iniciativa do “Banco da Amizade” semellante en concepto á do seu banco parladoiro, xa que en ambos casos a idea e obxectivo son fomentar a comunicación e achegar posturas entre os interlocutores a través do diálogo e a proximidade. A través da escoita activadas necesidades e demandas dos demais.

“É moi importante estar en contacto permanente coa xente, cos compañeiros, cosveciños”, explicoulles Arévalo aos cativos, “por iso vos regalo este banco, porque non se me ocorre mellor destino para el que dar asento aos nen@s que queren ou buscan amigos, que queren xogar, que se sinten sós… para que sempre atopen compaña e unha man amiga”.

A idea do “Banco da Amizade” naceu para situalo no patio de recreo e que calquera pequeno do centro que se sinta triste, teña un mal día, precise falar ou non teña con quen xogar se sente nel e, ao velo, os seus compañeiros poidan achegarse para consolalo, darlle un abrazo, falar con él, ou compartir o tempo de xogo.