Gago e Touriñán debaten en ‘Diálogos de plástico’ sobre o impacto deste material na vida cotiá

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O faladoiro, organizado pola Unión de Consumidores de Galicia e Mercadona na Sede Afundación de Santiago, gozou dunha grande acollida

 

 

Ciencia e humor, esas foron as pezas principais nas que se apoiou o faladoiro Diálogos de plástico. Unha actividade que a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) e Mercadona celebraron este xoves na Sede Afundación da capital galega coa finalidade de debater sobre unha das problemáticas medioambientais que máis preocupan: os plásticos.

O investigador do Instituto Español de Oceanografía e experto en lixo mariño, Jesús Gago, e o recoñecido actor galego, Xosé Antonio Touriñán, foron os protagonistas desta conversa, mediada polo divulgador científico Manuel Vicente, director e presentador do programa Efervesciencia da Radio Galega. Durante a hora que durou o faladoiro abordáronse varias das cuestións máis relevantes vinculadas ao uso dos plásticos na vida cotiá.

Desde a súa presenza nos produtos que se consomen diariamente, que facer con aqueles que son dun só uso, o sistema de envases retornables, os microplásticos ou a reciclaxe, ata a contaminación dos mares e dos océanos a causa deste material. Temas tratados desde a óptica dun estudoso na materia como Gago e a visión da persoa de a pé por parte de Touriñán.

Dun xeito distendido e divertido convidóuselle ao público a reflexionar sobre esta problemática e as accións que poden levar a cabo para mudar a situación, mantendo sempre presente o principal propósito: trazar a fórmula máis intelixente de convivir cos plásticos.

O faladoiro Diálogos de plástico foi moi ben acollido polos asistentes e poderá gozarse de novo este mércores 27 de novembro no programa Efervesciencia, que emitirá parte do contido.

Esta actividade enmárcase no compromiso que a UCGAL e Mercadona adquiren coa defensa e difusión dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e o fomento da educación ambiental e científica. Para a súa posta en marcha contouse coa colaboración do programa Efervesciencia da Radio Galega e o Instituto Español de Oceanografía.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete