Primeira reunión de traballo do Equipo de Goberno coaligado PSOE-BNG

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A alcaldesa do Porriño sinalouna como “moi constructiva" polo que os encontros terán carácter semanal

 

 

A alcaldesa Eva García presidiu onte a mañá a primeira reunión de traballo dos 6 concelleiros do goberno municipal de coalición formado por PSOE e BNG. Esta primeira reunión foi valorada pola alcaldesa Eva García como “fluída e moi constructiva”.

A alcaldesa detallou que “puxemos en antecedentes ós novos compañeiros de goberno sobre as actuacións en marcha, especialmente nos asuntos que van ser competencia deles para que vexan como están, como por exemplo os actos para o 25N -Día contra a Violencia de Xénero- así como os preparativos para Festas de Nadal".

Estas reunións de traballo do equipo de goberno coaligado, vanse celebrar semanalmente para establecer liñas de actuación conxuntas, segundo acordaron.

Pedro Pereira e Cami Moreira incorporáronse dende o luns de xeito efectivo ó goberno municipal. Segundo o pacto de goberno de coalición que se firmou o pasado 15 de outubro, Pedro Pereira é o primeiro tenente de alcalde; e Lourdes Moure, voceira socialista ocupa a segunda tenencia de alcaldía.

Ademáis Pedro Pereira asume as competencias de Urbanismo, Infraestructuras, Ordenación do Territorio, Movilidade e Xestión de Traída de Augas.

Pola súa banda, Cami Moreira levará Cultura, Festas, Igualdade, Xuventude e Normalización Lingüística.

 

 

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete