V Edición do Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Este xoves iniciouse a selección dos interesados en participar como usuarios, que xa poden dirixise á Axencia de Colocación para solicitalo

 

 

A menos dun mes da celebración da clausura da cuarta edición, a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia ven de concederlle ao Concello de Mos a quinta edición do Programa Integrado de Emprego Mos 3.0, que xa se atopa en marcha; pois mañá iniciarase na Axencia de Colocación o proceso de selección dos usuarios que, durante unha andaina de preto dun ano, mellorarán a súa empregabilidade. Ademais están en proceso de redacción as bases para seleccionar ao equipo de técnicos do Programa, cuxa selección realizarase próximamente, estimándose que técnicos e beneficiarios do Programa Integrado de Emprego comecen a traballar conxuntamente antes de finais de ano.

O Concello de Mos está a experimentar unha acollida moi positiva ás súas políticas de emprego por parte da administración autonómica, entre outros motivos, polo feito de que Mos está adherido á iniciativa “Concellos Doing Bussiness Galicia-Concello Emprendedor” para fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia.

“O V Programa Integrado de Emprego MOS 3.0 pretende ser unha continuidade dos programas integrados de emprego anteriores, cuxo éxito está demostrado, e neste momento é referencia no ámbito no que se desenvolve, sendo coñecido tanto polas empresas do noso entorno, como polas persoas demandantes de emprego. A mellora da empregabilidade e a inserción laboral das persoas desempregadas do noso municipio é un obxectivo prioritario das políticas activas de emprego desenvolvidas dende o Concello de Mos” declaraban esta mañá a alcaldesa, Nidia Arévalo, e a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro.

As representantes municipais, Arévalo e Loureiro, insistiron na súa “satisfacción por lograr unha continuidade neste proxecto que realmente é efectivo na mellora da empregabilidade dos participantes e na súa inserción. Os Programas Integrados resultaron ser unha das ferramentas máis útiles dentro das políticas activas de emprego desenvolvidas polo Concello de Mos ao conseguir unha alta porcentaxe de insercións. Igualmente é unha das mellores ferramentas para traballar man a man coas empresas, cubrindo as súas necesidades de persoal, e tendo en conta as súas necesidades en canto aos perfís dos participantes, ofrecendo aos mesmos unha formación que lles permita adaptar os seus perfís a esas necesidades que as empresas nos indican”.

Na quinta edición do Programa Integrado de Emprego MOS 3.0 participarán un total de 100 usuarios dos que 5 serán persoas desempregadas con discapacidade, outros 5 persoas desempregadas en risco de exclusión social (incluídas as perceptoras de Risga), 20 persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación, 20 persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas, 25 persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios de desemprego ou renda de inserción activa de inserción (RAI), 10 mulleres desempregadas e 15 persoas desempregadas de longa duración.

Dende mañá mesmo as persoas interesadas en participar como usuarios neste Programa Integrado poderán dirixirse directamente á Axencia de Colocación de Mos e aportar a documentación acreditativa de pertencer a un dos colectivos. Este ano, como novidade, tamén poden participar persoas que participaran en programas integrados anteriores.

Nos anteriores programas de emprego conseguiuse unha porcentaxe superior ao 70% de insercións. Por iso a Consellería de Economía, Emprego e Industria (Xunta de Galicia), que financia estes programas, confiou novamente no proxecto mosense, e financiou un programa ambicioso cunha subvención de 250.000 €. O Concello de Mos cofinancia o proxecto con 62.891,11 €, alcanzando o programa un orzamento de 312.891,11 €.

O Programa prolongarase ata o 20 de outubro do ano 2020 e os 100 participantes terán un equipo de técnicos e técnicas cos cales establecerán o seu itinerario personalizado de inserción e que lles axudarán a conseguir un emprego relacionado co seu perfil.

O Programa facilita ademais a adaptación dos perfís das persoas participantes ás demandas das empresas, a través de formación adaptada a esas necesidades e realmente práctica, mesmo nas mesmas empresas, e a través doutras accións transversais.

As accións que se van a desenvolver con tódalas persoas participantes son información, orientación e asesoramento; formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas; técnicos de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea; habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista; fomento da capacidade emprendedora; prospección empresarial, emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes, formación para o emprego, formación no certificado de profesionalidade ‘SSCM0108 limpeza en espazos abertos e instalacións industriais’, prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctico das acción formativas; e talleres de mobilidade laboral que proporcionen información dos recursos dispoñibles de mobilidade transnacional no territorio da Unión Europea (redes Eures).

O Programa Integrado conta ademais cun programa de conciliación, que facilita o apoio á participación de usuari@s con dispoñibilidade escasa ou limitada, polo coidado de dependentes, ben sexa nenos de curta idade ou maiores ou persoas con discapacidade.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete