Queda enriba da mesa a decisión sobre o terreo para o centro de “Aceesca”

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A maioría da corporación - PSOE, BNG, EU Son e Carrera- acordouno así no Pleno Extraordinario celebrado onte

Tamén se solicitou a comparecencia de Lourdes Moure para que informe do renting do parque municipal e do local para a aula da UNED

 

A maioría da corporación municipal cos votos do PSOE, BNG, EU Son e Manuel Carrera acordou deixar enriba da mesa a decisión sobre o terreno que solicita a asociación “ACEESCA” para construir o seu centro de formación dual.

Fronte a proposta do Partido Popular, que pretendía que se acordara hoxe a cesión do solar de propiedade municipal no Polígono Industrial de A Granxa, os demáis grupos consideraron máis axeitado “tratar o asunto coa serenidade necesaria e barallar todas as posibilidades”, segundo manifestou Pedro Pereira. O voceiro do BNG adiantou que “en canto asuma as miñas futuras delegacións no goberno municipal, falaremos con “ACEESCA”, cos veciños de Casal-Budiño e miraremos a posibilidade do terreno do polígono que podería valer, pero tamén pode haber outras opcións máis acaídas”.

Nesa mesma liña, a alcaldesa Eva García, abogou por “rebaixar tensións, tender pontes e retomar o diálogo entre esta Alcaldía e Aceesca, que non pasa polo seu mellor momento”. 

A alcaldesa anunciou que en virtude do pacto de goberno municipal “a decisión final sobre o terreno adoptarase pola corporación, xa que delegarei no pleno as decisións sobre venda, permuta ou cesión de terrenos e patrimonio municipal”.

A sesión plenaria foi de carácter extraordinario, solicitada pola oposición para instar a execucion de diversos expedientes de licitación como piscina municipal, recollida e transporte de lixo; servizos de informática, telecomunicacións; suministro eléctrico e mediateca municipal. 

O goberno municipal informou do estado de tramitación dos diversos expedientes. O voceiro popular, Manuel Alejandro Lorenzo e voceira do grupo socialista, Lourdes Moure protagonizaron a meirande parte dos debates.

Precisamente outros dos acordos deste pleno, adoptado por unanimidade, foi solicitar a comparecencia de Lourdes Moure, na sua condición de concelleira de Fazenda, Persoal e Seguridade que se producirá na seguinte sesión plenaria que celebre a corporación. Solicítaselle que informe da operación de renting para a renovación do parque móvil municipal, e das adquisicións polo Concello do local para a futura sede da UNED, e doutros catro locais máis na rúa Antonio Palacios.