A porriñesa Ana Belén Gómez recoñecida no seu pobo tras o seu paso polo Maratón de Chicago

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Concello recoñeceu a atleta e funcionaria municipal a gran pegada deixada nesta carreira de 42 km

 

 

Ana Belén Gómez recibiuhoxe de mans de David Alonso, concelleiro de Deportes, unha metopa que recoñece o papel que fixo a atleta porriñesa na recente maratón de Chicago. Ana Belén, que é ademáis funcionaria municipal, fixo unha marca de 3 horas, 10 minutos e 13 segundos para completar os 42 km. 

Finalizou decimoquinta no seu grupo de idade e tamén foi a primeira española. Hai que lembrar que nesta pasada “2019 Chicago Marathon Bank of América” compitiron 45.000 corredores, preto da metade mulleres.

“O crono que fixo é dunha marca excelente para unha atleta senior; hai que ter en conta que o record de España feminino absoluto está en 2:26:51” ponderou David Alonso. 

Ana Belén Gómez ten 45 anos, leva 5 adicada ó maratón e para preparar a proba de Chicago disputada o pasado 13 de outubro, fixo unha preparación específica durante os 4 meses anteriores. Antes de adicarse ao atletismo fixo baloncesto e montañismo. No eido laboral, Ana traballa no departamento da Secretaría Xeral do Concello de O Porriño.