A RPT do Concello do Porriño entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2020

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Concello anuncia o seu último trámite para a publicación da Relación de Postos de Traballo no Boletín Oficial que establece unha plantilla de 105 traballadores máis 20 de nova creación

 

A Administración Municipal de O Porriño remitiu á Deputación o texto da Relación de Postos de Traballo -RPT- do Concello para a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia -BOPPO-, requisito imprescindible para completar a aprobación definitiva deste documento. Non obstante a súa entrada en vigor será diferida conforme pactaron comité de persoal e goberno municipal. Será a partires do 1 de xaneiro de 2020. 

A Relación de Postos de Traballo establece que a plantilla do Concello sexa de 105 traballadores, máis 20 que serían de nova creación; determina o organigrama administrativo e establece 12 departamentos.

A concelleira de Persoal e Fazenda, Lourdes Moure, valorou que “deste xeito resólvese unha eiva despois de 15 anos de enquistamento, con gobernos e alcaldes anteriores”.

“Estamos diante da primeira Relación de Postos de Traballo -RPT- do Concello, que iguala ós funcionarios de O Porriño cos concellos limítrofes, tanto en tarefas coma en retribucións”, subliñou a concelleira lembrando que “se trata dun feito histórico, xa que regulará tanto as tarefas, coma as retribucións dos funcionarios, como do persoal laboral”.

A aprobación inicial da RPT realizouse no pleno municipal do 6 de maio e  a definitiva na recente sesión do 30 de outubro. En ambos casos por unanimidade. Ó respecto Lourdes Moure díxo que “boa proba de que fixemos os deberes é que o comité de persoal agradeceu a a esta concelleira o traballo feito, ata acadar este acordo unánime”.

O catálogo de postos de traballo e organigrama municipal negociouse polo goberno municipal coa xunta de persoal. Os delegados de UXT, CCOO, CIG  e CSIF aprobaron o documento por unanimidade.