Salceda recibe 250.000 € para atender a un centenar de persoas desempregadas

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Concello porá en marcha un Programa Integrado de Emprego que formará en Administración e atención ao cliente, almacén, produción industrial e hostalería; ademais de prácticas en empresas da zona

 

 

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Emprego e Formación que dirixe Verónica Tourón, está a poñer en marcha un Programa Integrado de Emprego, para o cal ven de recibir unha subvención de 250.000 € por parte da Xunta de Galicia.

O plan acollerá a 100 persoas desempregadas de sectores diversos: discapacidade, risco de exclusión social, menores de 30 anos con baixa cualificación e cualificadas, maiores de 45 anos, persoas desempregadas perceptoras de prestación, subsidios por desemprego e RAI, mulleres, etc., presentando un obxectivo de inserción laboral dun mínimo do 40% das persoas participantes.

As persoas beneficiarias participarían nun mínimo de cinco accións individuais e tres accións de distinta natureza de xeito activo durante os 12 meses de duración do programa. Ademais da formación que se agrupa en catro itinerarios formativos: Administración e atención ao cliente, almacén, produción industrial e hostalería,  ademais prácticas en empresas da zona coas que o Concello establecerá convenios de colaboración para cumprir co compromiso de inserción marcado. Para poder acceder ao Programa, as persoas interesadas deben pertencer a algún dos colectivos mencionados, estar inscritas na oficina de emprego como demandantes de emprego e estar empadroadas en Salceda de Caselas.

O Concello de Salceda conta cunhas instalacións idóneas para levar a cabo este tipo de programas no Centro de Desenvolvemento Local do Torrón, onde se establecerá o programa e as técnicas que atenderán ás 100 persoas participantes, e é alí a onde deben dirixirse as persoas interesadas para acceder a toda a información precisa, podendo facelo tamén por vía telefónica no 986347864 ou por mail en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..

A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira indicou “Temos por diante unha moi boa oportunidade para a nosa veciñanza en situación de desemprego, que estamos seguros que será ben aproveitada. Agora queda moito traballo por diante para poder levar a cabo o proxecto co mellor resultado, que será o de insertar no mercado laboral ao maior número de persoas posible. Con accións coma esta, Salceda seguirá a ser referente en políticas de emprego”

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete