Encontro entre empresarios e Concello polo tráfico no Polígono de A Granxa

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Trataron de diversas melloras, namentres a Policía Local intensifica a vixiancia e xa impuso 10 denuncias esta mesma mañá

Instalaranse sinais verticais de “prohibido estacionar agás turismos” nun tramo da vía principal do Polígono de A Granxa

 

 

Eva García de la Torre tratou cunha representación empresarial do Polígono de A Granxa diversas melloras que implementar no ámbito dese recinto industrial para aliviar a presión de tráfico rodado que soporta. A alcaldesa -acompañada do inspector xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez- reuníuse co presidente e o xerente da Entidade Urbanística de  Conservación de “A Granxa, Indalecio Cuevas e David Sobral respectivamente; e co director xeral da fundación “CTAG”, Luis Moreno.

Unha das solucións pasa pola oferta que fixo a alcaldesa ó Centro Tecnolóxico do Automóbil de Galicia, de cederlle mediante convenio unha parcela de titularidade municipal ao carón do CTAG, para que sexa acondicionada por esta entidade como aparcamento exclusivo para o seu persoal.

Asimesmo a alcaldesa informou que desde a Policía Local de O Porriño tense requerido  a varias empresas; tanto unha de loxística de recente implantación, como de transportes, para que non realicen ocupación de espazos públicos con labouras de carga e descarga; óu como aparcamento para vehículos, xa sexan furgonetas de reparto ou camións de gran tonelaxe.

De feito hoxe mesmo a Policía Local de O Porriño, tras comprobar que as advertencias realizadas non se respetaron, impuxo 10 denuncias por infraccións ó vixente Regramento Xeral de Circulación como se pode apreciar nas imaxes adxuntas.

Por outra banda desde a Xefatura da Policía Local informouse de que nos vindeiros días instalaranse sinais verticais de “prohibido estacionar agás turismos” nun tramo da vía principal do Polígono de A Granxa onde se producen estas incidencias.

Respecto doutros asuntos abordados na reunión, Eva García trasladou á representación empresarial a información que recibíu recentemente do delegado da Zona Franca, David Regades, sobre o estado de tramitación do proxecto da Cidade do Transporte; que acollerá Porriño e deberá desafogar moita da presión de tráfico actual.

Por último, a alcaldesa indicou á representación empresarial que, de xeito inminente, haberá unha redistribución de competencias como consecuencia da incorporación de dous concelleiros do BNG ó Goberno municipal e que as infraestructuras, pasarán a ser responsabilidade de Pedro Pereira, aínda que as solucións que se adopten serán consensuadas polos dous grupos.