Mos forma ao seu voluntariado en igualdade

Ratio: 5 / 5

Inicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activado
 

Alba Alonso impartíu onte unha acción formativa dirixida aos voluntarios e voluntarias de Protección Civil e Mos Axuda

 

 

A finais do pasado verán o Concello de Mos asinaba un pacto coa Xunta de Galicia, para converterse nun municipio pioneiro en materia de igualdade. Do devandito pacto naceu o compromiso de levar a cabo iniciativas concretas que, como non podía ser doutro xeito, xa están a ver a luz.

Precisamente onte impartíase no salón de actos da Axencia de Colocación mosense unha acción formativa baixo o título ‘A sociedade é diversa, ti tamén’ para os 50 voluntari@s do Concello de Mos, impartida pola experta en igualdade, Alba Alonso Feijóo.  Deste medio centenar de voluntari@s, 40 pertencen á Agrupación de Protección Civil e o resto á entidade Mos Axuda.

Os obxectivos desta acción formativa eran sensibilizar ás persoas voluntarias na materia da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e nas formas de cyberbulling de xénero ou os estereotipos de xénero e a violencia de xénero. Formar na igualdade de xénero, concretamente na temática sobre o cyberbulling de xénero, usando Mapas de empatía e os estereotipos de xénero e violencia de xénero.

As persoas voluntarias que realizaron onte o curso de Alba Alonso participaron tanto na organización e coordinación da actividade formativa como na propia formación.

Este obradoiro formativo relacionado cos estereotipos de xénero e a violencia de xénero, impartiusea través da metodoloxía “DesignThinking” ou “Pensamento de Deseño”.

Ademais de volcado na igualdade entre homes e mulleres, o de Mos é un Concello moi implicado co seu voluntariado e sempre activo en políticas que permitan ampliar o número de voluntarios e voluntarias municipais. Precisamente atópase tamén en proceso de constitución o Grupo de Voluntariado Medioambiental que, por suposto, tamén será debidamente formado en materia de igualdade.

Todas aquelas persoas que desexen pasar a formar parte do Grupo de Voluntariado Medioambiental de Mos -en fase de creación-, poden inscribirse no mesmo chamando ao teléfono 986 33 94 04 ou escribindo un correo electrónico ao enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

A creación deste grupo está pensada para a formación dos seus integrantes e posterior participación en labores de rescate de animais abandoados, feridos ou perdidos, rutas a pé polos sendeiros, parques e muíños mosenses -para a limpeza dos mesmos-, control e denuncia de posibles verquidos incontrolados, organización de campañas de concienciación medioambiental, etc.

Todos os diferentes grupos de voluntariado municipal terán un mesmo eixo vertebrador que será a igualdade, como así se comprometeu a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, coa Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, na xuntanza mantida o pasado mes de agosto.

O principal obxecto daquel encontro foi formalizar unha nova política transversal que inclúe á administración local e á Xunta de Galicia en materia de igualdade. Trátase dun pacto polo que o Concello de Mos se compromete a incluír a concienciación igualitaria en dúas liñas: prevención da violencia de xénero e igualdade, en todas e cada unha das iniciativas e actividades municipais organizadas, tanto en materia de formación e emprego, como musicais, culturais, de ocio, deportivas…; así como tamén facelas extensivas á comunidade educativa achegándoas a profesorado, alumnado e familias; e ao voluntariado mosense: Protección Civil, Mos Axuda, Voluntariado Xuvenil, Voluntariado Social -de acompañamento a persoas maiores usuarias do departamento municipal de Política Social- e ao Grupo de Voluntariado Medioambiental que se atopa en proceso de creación.

Deste xeito preténdese que o Concello de Mos se convirta nun municipio pioneiro en materia de igualdade, algo que vai no camiño de conseguir, non só respecto da igualdade de xénero, senón tamén en materia de igualdade de oportunidades para os colectivos máis desfavorecedidos. Mostra delo é a creación este ano de HabitaMos, o Plan Municipal de Inclusión para unha convivencia máis dinámica, harmoniosa e inclusiva,co que se pretende dinamizar ás persoas, administracións, institucións e asociacións para xerar unha contorna comunitaria na que todos queiran vivir.