Recepción no Concello de Mos aos  Campións de España de Motonáutica

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

José Lorenzo e o seu fillo Yeray -da parroquia de Tameiga- revalidaron este ano o título de campións nacionais que xa acadaran en 2018

 

 

O salón de sesións do Concello de Mos acolleu esta tarde a recepción ao mosense Campión de España do presente ano 2019 de Motonáutica Endurance Class B, José Lorenzo Gómez, quen, xunto co seu fillo Yeray Daniel Lorenzo de Amorín como copiloto, quedou tamén subcampión nos Campionatos de Europa e do Mundo.

No acto de recibimentoaoscampións,estiveron presentes a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o tenente alcalde do Concello de Mos, Camilo Augusto, a concelleira de Deportes, Begoña Toucedo, e demaismembros da Corporación Municipal.

José Lorenzo, natural de Bosende, parroquia de Tameiga, aos seus 48 anos leva a meirande parte da súa vida competindo en Motonáutica pero noutras categorías. En marzo de 2017 comezou a competir en Endurance Class B co seu fillo Yeray, de 19 anos de idade.

Yeray estuda programación informática e dende cativo acompañaba ao seu pai no mar, polo que en canto tivo a idade para facelo, sacou a licenza para poder entrar a competir xunto ao seu proxenitor.

Na súa primeira tempada xuntos como parella de competición ademais de pai e fillo, no ano 2017, correron cunha lancha prestada e aínda así conseguiron os títulos de subcampións de España e de Europa. No ano 2018 quedaron primeiros tanto no Campionato de España coma no do Mundo.

No presente ano 2019, entre os meses de abril e setembro, disputaron o Campionato de España que se celebrou nas localidades de Almuñécar (Granada), Benalmádena, Arcos de la Frontera, Cádiz e Sanxenxo. No municipio pontevedrés de Sanxenxo realizouse a final que foi puntuable tanto para o Nacional como para o Europeo. José Lorenzo e Yeray mantivéronse líderes na clasificación do Campionato de España dende a primeira proba á última, erixíndose finalmente campións nacionais o 22 de setembro en Sanxenxo.

Tamén de abril a setembro os campións mosenses disputaron o Campionato do Mundo de Motonáutica, que este ano se celebrou en España, concretamente en Benalmádena. Ao igual que no Nacional, José e Yeray foron de primeiros dende a xornada inicial ata a última; pero na derradeira xornada sufriron unha avaría no casco da súa embarcación que os relegou ao sexto posto na proba e ao segundo na xeral, polo que remataron como Subcampións do Mundo.

O Europeo, celebrado o 21 e 22 de setembro en Sanxenxo, foiunha proba a dúas mangas disputadas sábado e domingo respectivamente, puntuable tanto para o Campionato de España como para o Campionato de Europa. Un fallo na conducción levounos a coller unha bolla polo que o xurado descontoulles unha volta quedando Subcampións de Europa.

Por todos estes logros o seu Concello homenaxeounos hoxe sumándose ao recoñecemento realizado tamén pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e polo seu secretario xeral, José Ramón Lete Lasa, na Casa do Deporte en Vigo.

A lancha coa que correron e que os levou a erixirse Campións de España e do Mundo o ano pasado e Campións de España e Subcampións do Mundo e de Europa este ano, é unha embarcación tamén mosense, xa que foi construída en Mos, no Polígono de Monte Faquiña en Puxeiros, pola empresa CBS. Empresa da que é socio Lorenzo e na que xestiona os procesos de deseño e construción.

José e Yeray Lorenzo fan un moibo balance da tempada “cada vez sentímonos mellor e máis acoplados á lancha, aínda que agora teremos que iniciar a construción dunha nova con pequenas modificacións, porque a partir do segundo ano de uso en competición faise necesario retirar as embarcacións, xa que sofren moitos golpes”.

Os flamantes campións avanzaron por último que o vindeiro 10 de novembro están chamados a participar nunha proba de 100 millas náuticas á que van só os mellores do mundo. Disputarase en Italia, no Lago di Como, e, aínda que non puntúa para ningún campionato, é unha das probas náuticas máis fermosas que existen.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete