Obras de mellora na rotonda da estrada PO–403 en Salvaterra

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Trátase da glorieta comprendida entre Salvaterra e Ponteareas que da acceso ao Polígono Industrial Chan da Ponte

 

 

O Xefe Territorial da Consellería de  Infraestruturas, Jose Luís Díez,  desprazouse esta mañan ata Salvaterra de Miño, xunto diferentes técnicos da Consellería, para informar á Alcaldesa do municipio, Marta Valcárcel Gómez, das obras que se van a acometer na rotonda da PO 403.

Trátase dunha actuación solicitada polo grupo de Goberno no pasado Pleno do 29 de xullo, co fin de que se acometeran as medidas necesarias para mellorar a seguridade desa rotonda e polo mesmo da propia estrada, que une Salvaterra con Ponteareas.

Esta rotonda da acceso ao Polígono Industrial Chan da Ponte, con mais de 500 empregados e moito tránsito pesado, que conta cun difícil e complicado acceso.

Ademais hai que ter en conta que por esa rotonda teñen que pasar todos os vehículos que entran polo noso pobo, a través da Ponte Internacional; así coma os propios veciñ@s de Salvaterra que se desprazan ata Ponteareas ou ao enlace da A-52, co conseguinte tránsito de vehículos lixeiros e pesados que iso supón a diario.

Nese senso, e sendo conscientes da importancia de acometer esta obra, a Consellería ven de trasladarlle a alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, o inicio inminente da obra que quedará rematada antes de finalizar o ano.

Ademais desprazáronse ata a parroquia de Oleiros, para comprobar o  funcionamento do paso de peóns intelixente que se acaba de instalar na zona de As Santas, co fin de mellorar a seguridade dos viandantes e reducir a velocidade da zona, coa instalación de balizas.