Este xoves abre a central loxística  de Amazón no Porriño

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Hoxe firmouse a licenza de primeira ocupación para o centro de distribución de reparto sito en Prado-Budiño

 

 

A multinacional “Amazon” comunicou hoxe ao Concello que mañá xoves 17 de outubro vai abrir a súa central loxística en O Porriño. O novo centro de almacenaxe e reparto en Prado-Budiño, dispón da licencia de primeira ocupación que hoxe vén de firmar a Alcaldesa, Eva García.

Como a meirande parte da paquetería chega en transporte nocturno, a maior actividade na nova central loxística será no turno de noite, segundo informaron desde a multinacional ó Concello.

“Amazon” mercou este verán a antiga nave de “Arcelor” para establecer ese novo centro operativo no polígono industrial de Prado-Budiño. Dende agosto reformou a nave preexistente de 1927 m2 construídos dentro dunha superficie total de 4.661 m2 que ten o solar.

Namentres realizou as obras, a través da axencia “Manpower” realizou a selección de persoal entre centos de currículums que se presentaron para traballar nesta central loxística.