Acordo de Goberno de coalición entre PSOE y BNG de O Porriño

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Pedro Pereira (BNG) é agora o novo primeiro tenente de Alcaldía, e Lourdes Moure (PSOE) ostenta a segunda tenencia

 

 

A agrupación local do PSOE e o BNG de O Porriño informan da firma do acordo de goberno de coalición entre os grupos municipais socialista e nacionalista. O pacto de goberno suscribiuse este martes 15 á noite, polas delegacións negociadoras de ambos partidos.

Eva García de la Torre, alcaldesa de O Porriño presidirá o gabinete coaligado no que Pedro Pereira, voceiro nacionalista, será o primero tenente alcalde e Lourdes Moure, voceira socialista, ocupará a segunda tenencia de alcaldía.

“O acordo que temos firmado pon en común un proxecto compartido para desarrollar políticas de urbanismo, infraestructuras, servizos sociais e noutros eidos da xestión do Concello”, valorou Eva García que ponderou “a transparencia que imos reforzar na acción municipal outorgando máis delegacións e polo tanto maior importancia ósacordos que adoptará a xunta de goberno local”.

En dito acordo, ambas forzas políticas asinan un compromiso de boas prácticas no exercicio da función pública para potenciar a transparencia dos distintos departamentos do Concello do Porriño. O BNG quere aplicar políticas que poñan en valor o noso sentimento como galeg@s, en todos os ámbitos de actuación do Goberno municipal encamiñadas ao uso do idioma galego; fomentar a participación cidadá, desenvolvendo instrumentos reguladores que teñan como finalidade mellorar a relación cidadanía-Concello; impulsar políticas activas desde o Concello do Porriño que confronten co patriarcado e defendan os dereitos das mulleres; a defensa dos servizos públicos para garantir a súa universalidade, apostando pola xestión directa de forma progresiva dos mesmos, que na actualidade están xestionados de forma externalizada.            

Como parte deste documento, unha parte das competencias propias da Alcaldía serán delegadas na Xunta de Goberno Local e no Pleno Municipal, apostando así pola transparencia en toda xestión municipal.

As concellarías que asume Pedro Pereira serán Urbanismo, Ordenación do territorio, Patrimonio municipal do solo, Infraestruturas e mobilidade e a Xestión municipal sobre as traídas de augas veciñais; así como a Primeira Tenencia de Alcaldía. Pola súa banda, Cami Moreira asumirá Xuventude, Cultura, Festas, Normalización lingüística e Igualdade.

Este reparto de responsabilidades e delegacións no goberno municipal coaligado, así como as primeiras directrices da xestión serán explicadas nunha comparecencia conxunta que Eva García e Pedro Pereira protagonizarán nos vindeiros días.