Mellora de camiños municipais en Salvaterra de Miño

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A obra conta cun prazo de execución de 5 meses e concéntrase en  Lourido, Fornelos e Meder

 

 

A Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, ven de asinar o contrato da obra “Mellora de camiños municipais en Lourido, Fornelos e Meder”, coa empresa adxudicataria do concurso público  Naron SL.

Esta actuación está financiada con cargo á subvención concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural, ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais 2019-2020, e achega municipal con cargo ó orzamento do Concello, por un total de 64.603,11 €.

A execución desta obra pretende satisfacer a necesidade de mellora de dous camiños municipais, o primeiro deles atravesa as parroquias de Lourido e Fornelos, discorrendo entre os núcleos de Cotorreal e Enxembre; o segundo localízase na parroquia de Meder, nas inmediacións do núcleo de Codeseda.

En ambos camiños o firme actual é de aglomerado asfáltico, atopándose este nun estado notablemente deteriorado. Por iso se plantexa executar unha nova capa de rodadura sobre o pavimento asfáltico existente, para mellorar a calidade e seguridade de ambos camiños. A obra conta cun prazo de execución de 5 meses.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete