Cae un novo Tilo do Parque do Cristo de O Porriño

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Xa son 5 as árbores que deixan oco no céntrico parque porriñés

 

 

Este mediodía caeu outra árbore do Parque do Cristo, afectado igual que os anteriores por problemas de podedumbre nas raíces.

Trátase dun tilo que, coma os catro anteriores que cairon a semana pasada, terá que ser talado para evitar danos maiores. Este exemplar estaba dentro do recinto de xogos que fora restaurado hai dous anos e bateu contra outra árbore.

Pola perigosidade que supón, precintouse a zona mentres duren os traballos do servizo de parques e xardíns.

O concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Casal indicou que un enxeñeiro da firma de xardinería “Adoa” que asesora ó Concello “está avaliando o estado das demáis árbores do Parque do Cristo”, posto que nunha primeira apreciación “non descartamos que poida haber outros exemplares afectados e que por previsión debamos talar tamén”, engadiu o concelleiro.

Moitas destas árbores son case centenarias e forman parte da paisaxe urbana da vila de O Porriño.