O axente porriñés Javier Rodríguez 4º no XXII Campeonato de España de BTT de Policías Locais

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O evento deportivo celebrado no concello madrileño de Colmenar Viejo contou coa participación de 165 axentes de todo o territorio nacional

 

 

O axente porriñés Javier Rodríguez foi recibido onte no Concello, polo concelleiro de Deportes David Alonso, ao cal lle fixo entrega da distinción que recibíu pola súa destacada participación no recente Campeonato de España de BTT para Policías Locais.

A proba celebrouse en Colmenar Viejo o pasado 28 de setembro, nun circuito moi duro e cuhas condicións de altas temperaturas; pero aínda así, os 165 corredores de 67 Concellos de todo o territorio nacional déronno todo ao longo dos de 14 km de trazado. O policía local do Porriño, Javier Rodríguez foi quen de acadar o 4º posto a tan só 1’49” do 3º clasificado.

Javier Rodríguez ten un palmarés extraordinario, pois xa conta con10 medallas en Mundiais de policías e bombeiros; nos campeonatos de Europa, logrou un ouro é unha prata. Ademáis, en Campeonatos de España de BTT para policías locais, conta cunha prata e un bronce.

A vindeira edición tenrá lugar na localidade oscense de Barbastro, o 26 de setembro do 2020.