O 12 de outubro celebrarase o IV Concurso Pinta Tui

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Nos próximos días sinalizarase o tramo entre as dúas pontes internacionais, previa reunión cos propietarios

 

O próximo sábado, 12 de outubro, celebrarase en Tui o IV Concurso de Pintura “Pinta Tui”, co obxectivo de promover e achegar a arte e a cultura aos visitantes e incentivar a dinamización da oferta turística e as actividades no municipio.

Poderán participar todos os artistas que así o desexen, que deberán pintar o propio sábado día 12, in situ, calquera paisaxe ou motivo relacionado co Concello de Tui. Poderán empregar como técnica óleo, acrílico, acuarela, carboncillo, tintas ou ceras sobre un lenzo cun tamaño mínimo de 40 centímetros e un máximo de 120 centímetros.  Os soportes serán selados pola organización na Oficina de Turismo entre ás 08.00 h e ás 10.00 h o sábado, e poderán comezar a pintar ás 10.00 h . As obras deberán ser entregadas antes das 19.00 h na Oficina de Turismo.  

A entrega de premios terá lugar o sábado, despois das 20h tras a deliberación do xurado, na Oficina de Turismo.

Os premios establecidos son os seguintes:

- Para maiores de 18 anos:

Os premiados terán a posibilidade de expoñer a obra nunha sala de exposicións do Concello de Tui.

- Para menores de 18 anos

Todos os menores de 10 anos que participantes recibirán un agasallo consistente en material de pintura, por xentileza do colaborador e patrocinador do evento Efectos.