A Aula de Integración de Mos cumple 10 anos mellorando a convivencia no Instituto

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O Concello de Mos dálle continuidade neste curso escolar 2019-2020 ao “Proxecto de Intervención Educativa para a mellora da Convivencia Escolar”

  

O Concello de Mos iniciou coa chegada de Nidia Arévalo á Alcaldía, no ano 2009, un programa pioneiro dirixido aos estudantes expulsados do IES de Mos. Ademais de ofrecer servizo e asistencia aos expulsados, este proxecto traballa tamén en materia de prevención con alumnos e alumnas que deciden voluntariamente formar parte da Aula de Integración.

A bautizada como Aula de Integración ou “Proxecto de Intervención Educativa para a mellora da Convivencia Escolar” foi promovida na súa creación pola concellería mosense de Educación que naquel entón dirixía a edil Julia Loureiro. A concelleira Loureiro volveu retomar a dirección do departamento municipal de Educación na presente lexislatura.

Tras 10 anos de historia, e unha década de traballo, extráense datos importantes da evolución das expulsións no Instituto mosense e dos expulsados que deciden participar como usuarios da Aula de Integración do Concello de Mos; así como do alumnado que participa orientado á prevención de expulsións. 

CURSO

TOTAL EXPULSADOS IES

USUARIOS AULA

2009-2010

47

24

2010-2011

35

14

2011-2012

18

12

2013-2014

28

24

2014-2015

19

11

2015-2016

15

22

2016-2017

4

4

2017-2018

+ de 50

50

2018-2019

94

19

TOTAL

310

180

Da memoria sobre a Aula de Integración do curso pasado extráese que o alumnado acudiu á aula sen problemas destacables sempre tentando que fixeran as súas tarefas e cambiasen a súa conducta e aconsellarlles para que non se repetira a conducta. A conclusión da psicopedagoga encargada da mesma foi de ter obtido un resultado satisfactorio a pesar de que, tendo como referencia datos de anos anteriores, produciuse un aumento do número de expulsións no Instituto. Nos cursos anteriores, segundo os datos recadados, o número de expulsados é moito menor que nos dous últimos cursos.

O bo resultado da Aula de Integración depende en moito da implicación das familias. O apoio familiar é fundamental, de nada sirve que o alumnado acuda á aula de integración se logo as familias non mostran interese polo que alí pasa, de eles tamén depende a evolución e o cambio na conducta dos seus fill@s.

A Aula de Integración, ubicada físicamente no centro Multiusos das Pozas, é un espazo para que estudantes expulsados do IES durante un período de tempo atopen un contorno adecuado para recapacitar e preparar a súa correcta reinserción na comunidade escolar tras o período de sanción ou expulsión. Este é o décimo ano de actuación da Aula de Integración de Mos, cuia continuidade ven avalada polos bos resultados acadados nas anteriores edicións.

Segundo explica a concelleira de Educación mosense, Julia Loureiro, “pretendemos dar cabida ao fomento, apoio e asistencia do Instituto co servizo da Aula de Integración para presente curso, dirixido a promover a mellora da convivencia escolar”. “Este servizo educativo ten un carácter complementario, compensatorio e social, especialmente destinado a garantir a efectividade da educación, de ahí a súa importancia”, insiste Loureiro. Asimesmo, a Aula de Integración é un servizo complementario que presta a administración local contribuíndo con el á mellora da calidade da convivencia entre o alumnado do IES e cumprindo unha función social e educativa. 

O funcionamento da Aula de Integración baséase na resolución de conflitos e está dirixido para promover cambios en alumnos con problemas conductuais en aras de acadar unha mellora notable na convivencia escolar. Neste sentido, dende a administración local proporciónase persoal técnico cualificado para o óptimo desenvolvemento deste Proxecto de Colaboración do Concello coa Comunidade Educativa do IES de Mos denominado “Proxecto Educativo para a mellora da convivencia escolar no IES de Mos”.

As propostas de mellora da Aula de Integración para o presente curso escolar 2019-2020 contemplan a implicación de toda a comunidade educativa para conseguir a efectividade do programa. Considérase necesario que existan reunións de mediacións entre o alumnado e @ docente implicado que retrasen e eviten a expulsión como castigo. Tentando mediar antes da expulsión.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete